20.4 C
Pontevedra
Luns, 29 de Maio de 2023
Máis
    HomeLouriñaO PorriñoLorenzo conectará cada casa das parroquias do Porriño ao saneamento nos vindeiros...

    Lorenzo conectará cada casa das parroquias do Porriño ao saneamento nos vindeiros 4 anos

    Conectar cada vivenda do Porriño á rede pública de saneamento foi e seguirá sendo a prioridade de Alejandro Lorenzo. Así o reiterou o candidato dos populares nos diferentes encontros coa veciñanza da parroquia, nos que se comprometeu públicamente a “completar a rede de saneamento nos próximos catro anos”.

     “Como veciño dunha das parroquias sei da necesidade de dispoñer deste servizo e do perxuízo que non telo supón para unha gran parte da nosa veciñanza”, explicou Lorenzo, “Hai catro anos non podía comprometerme a rematalo, estaría mentindo á xente se o fixera, pero tras este ano de traballo duro no que recabamos inversións e elaboramos o Plan Municipal para o Saneamento Integral, sí podo facelo e o fago. Nos próximos catro anos todas as vivendas do Porriño estarán conectadas ao saneamento”.

    A folla de ruta marcada polo equipo de Lorenzo no Plan Municipal para o Saneamento Integral contempla proxectos para todas as parroquias e unha planificación económica e temporal para a súa execución. Así, son moitos os proxectos que están aprobados e licitados e moitos outros en redacción para sacalos a contratación, o que permitirá avanzar sen máis dilacións na execución da rede.

    “Sei que esta é unha das principais necesidades do Porriño e da veciñanza das parroquias, que paga os seus impostos e contribúe como calquera outro veciño e non ten garantizados os servizos aos que ten dereito”, continuou Lorenzo, “Non era de recibo que sendo O Porriño o concello que máis aporta ao Consorcio e que o preside fora o que máis saneamento lle queda por acometer. Por iso establecemos que o criterio do reparto das contías a investir en cada municipio dos que o conforma se resolva en función de cada un deles nos ingresos do Consorcio, tal e como establecen os seus estatutos”.

    Así, conseguiuse unha inversión do Consorcio máis de 1,5 M de euros que se destinarán a acometer proxecto e obras de saneamento nas sete parroquias. “É viable conseguir financiación e petaremos a todas as portas que sexa necesario para facelo. Temos proxecto e capacidade de xestión, o faremos”, concluíu Lorenzo.

    COLABORACIÓNS

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    “The Last Of Us”

    Hace unos días, terminé de ver la primera temporada de la serie "The Last Of Us", una serie basada en la historia de un videojuego inspirado en un mundo apocalíptico.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    83 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS