12.4 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeLouriñaO PorriñoA Policía Local do Porriño realizou unha detención por presunto tráfico de...

    A Policía Local do Porriño realizou unha detención por presunto tráfico de drogas

    Tamén informa da recuperación de 2 vehículos sustraídos e da imposición de 20 denuncias por incumprimento do uso das máscaras

    Un home foi detido por un presunto delito contra a saúde pública por tráfico de drogas, nun operativo policial no que se interviñeron varias doses de cocaína e heroína, segundo informou a Policía Local do Porriño.

    Os feitos ocorreron o sábado, nas inmediacións da rúa Lugo. Un condutor levantou as sospeitas dunha patrulla policial ao observar unha estraña manobra do vehículo.  Realizouse un seguimento solicitando a colaboración doutra patrulla da Policía Local do Porriño e avisando tamén á Policía Local de Mos, xa que se trata dunha zona fronteiriza entre ambos municipios.

    Unha vez interceptado o vehículo, procedeuse á procura correspondente co descubrimento de 15 papeis de cocaína e outros dous envoltorios de heroína.  O detido de 40 anos foi posto a disposición xudicial.

    Aclaración dun roubo e multas de Covid

    Por outra banda, a Policía Local de Porriño tamén informa do esclarecemento dun roubo de dous vehículos sustraídos en Valencia e que poideron ser recuperados e entregados ao seu lexítimo propietario esta pasada fin de semana.

    Por último, a Policía Local do Porriño lémbranos a obriga de levar máscaras e cumprir os protocolos anti-Covid.  Os axentes continúan cos controis que, ata a data do hoxe luns 11, provocaron 20 denuncias no que vai de 2021.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.