Domingo, 4 Maio de 2025

A Policía Local do Porriño esclarece o caso dun atropelo con fuxida

No transcurso do día de onte, a Policía Local entregou no xulgado de garda as dilixencias coa investigación levada a cabo para esclarecer o suceso do conductor que se deu á fuga despois de atropelar e ferir gravemente a un mozo na noite do pasado xoves 12 na rúa Ramiranes, de Porriño.

Segundo sinalou a Policía Local, hai dúas persoas investigadas por un presunto delito contra a seguridade vial. Tratase do conductor do turismo que provocou o atropelo e a nai deste mozo de 33 anos, ambos os dous vecinos do Porriño. Antonte á noite ambos acudiron a sede da Policía Local, acompañados dun avogado, para ter coñecemento de que estaban en condición de investigados por este feito.

Horas antes, onte ó redor das 15 horas, a Policía Local do Porriño, despois dunha árdua investigación, consegiu localizar o vehículo implicado no suceso. Trátase de un Audi A3, gris prata. Presenta un forte impacto tanto no parabrisas coma outras sinais do accidente no frontal dereito e faltaballe unha peza da carcasa do foco dianteiro dese lado. Precisamente foi esa peza de plástico, localizada polos axentes que acudiron nun primeiro intre a atender o suceso, a que permitiu encamiñar a investigación da Policía Local.

Tan só contaban coa testemuña dun peón que declarou que o coche implicado era gris pero non foi quen de dar descripción de marca e modelo. Grazas a peza atopoada polos axentes da Policia Local no lugar dos feitos puido establecerse marca, modelo e posible ano de fabricación. A partires de ahí a Policia Local tivo que rastrear entre un milleiro de vehículos ata que onte localizou o turismo implicado no suceso.

Precisamente Lourdes Moure, concelleira de Seguridade ponderou “o excelente traballo de investigación realizado pola Policía Local de O Porriño que estaba a buscar unha agulla nun pallar, despois de establecer diversas liñas de investigación que incluiron talleres de reparación, desguaces e visionado de cámaras de seguridade perto do lugar dos feitos”.

Asimesmo a concelleira subliñou “a sensibilidade amosada pola Policía Local e polo seu Inspector Xefe que mantivo informada da evolución da investigación á familia da víctima do atropelo para tranquilizarlles”.