Domingo, 4 Maio de 2025

A piscina municipal do Porriño instala novas portas antipánico

O concelleiro de Deportes do Concello do porriño, David Alonso, visitou hoxe as instalacións da piscina no Polideportivo Municipal, onde se instalarán novas portas antipanico, dado o estado de deterioro no que se atopaban as anteriores que, ademais, tiñan estropeado dito mecanismo.

Na memoria do proxecto, o Servizo de Deportes do Concello fai constar que a Piscina Municipal inaugurouse en 1997 e que cunha media de máis de 70.000 usos anuais necesita actuacións que palíen as deficiencias que se acumulan ao longo do tempo.

Entre elas, están as portas de acceso á instalación deportiva ” moi deterioradas” e que “tiñan estropeado o mecanismo antipánico”. As novas que se instalarán, con marco de aluminio e bisagras de alta resistencia en aceiro inoxidable, están dotadas do sistema de desbloqueo antipánico, absolutamente necesario dada a elevada afluencia de usuarios.

A compra e montaxe destas portas (3.900 €) está integrada na partida orzamentaria total de 30.736 euros de investimento en melloras para a Piscina Municipal que están a implementarse ao longo do presente ano.