O Concello de Mos presentou este venres a programación de Nadal deste ano, que comezará este mesmo domingo, día 1 de decembro, e prolongarase ata xaneiro, co broche de ouro da Cabalgata de Reis pola Avenida de Sanguiñeda, o día 5.
Os pratos fortes do programa de Nadal serán, ademais do acto de acendido do alumeado con actuación de Uxía Lambona e a Banda Molona, a Feira do Comercio “Queda en Mos”, o certame de Rondallas no Pazo de Mos, a Festa do Deporte no Multiusos das Pozas e a Festa Pre Fin de Ano no Pazo de Mos.
Toda a programación
- 1 DECEMBRO 17:00h: Festival Solidario de Cáritas no Multiusos
- 6 DECEMBRO 18:00h: Acendido do alumeado de Nadal con Uxía Lambona
- 6, 7 E 8 DECEMBRO: Feira do Comercio ‘Queda en Mos’
- 14 DE DECEMBRO: Excursión aos mercadiños navideños de Oporto
- 14, 15, 21, 22 DE DECEMBRO: Panxoliñas nas Igrexas
- 21 DECEMBRO 20:30h: Monólogos Grupo Teatro Mulleres en Igualdade no Auditorio de Guizán
- 22 DECEMBRO 10:00h: Papanoelada motera
- 22 DECEMBRO 12:00h: Festival de Baile Alumnos Patricia Martínez
- 22 DECEMBRO: Rondallas no Pazo de Mos (8 en total): 4 de Mos, 3 de Porriño e 1 de Tui
- 26 DECEMBRO 19:00h: Presentación do videoclip Terra Verde dos King Kids no Auditorio de Torroso
- 27 DECEMBRO 20:00h: Festa do Deporte no Multiusos das Pozas
- 28 DECEMBRO 23:00h: Festa Pre Fin de Ano no Pazo de Mos presentada polo Grupo de Teatro A Cividade e coa orquestra París de Noia e os DJs Álex Martini, Ballesteros, Groove Amigos e Samu Pexe.
- 29 DECEMBRO 18:30h: Concerto Rubén Simeo trompetista + Banda Torroso no Auditorio de Torroso
- 5 XANEIRO 18:00h: Cabalgata de Reis na Avenida de Sanguiñeda