16 C
Pontevedra
Venres, 24 de Marzo de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiTui lembra a Rosalía de Castro con diversas actividades

    Tui lembra a Rosalía de Castro con diversas actividades

    Un obradoiro, a difusión da obra poética de Rosalía de Castro, e o Caldo de Gloria en restaurantes locais centran a celebración do Día de Rosalía en Tui.

    O Concello de Tui súmase un ano máis a esta conmemoración, tal e coma recolle o acordo plenario adoptado pola corporación en 2013.

    Así entre as actividades preparadas dende a Concellería de Cultura, a través da Biblioteca Municipal, está este xoves, 23 de febreiro, ás 18.30 h na Biblioteca Municipal o proxecto “Rosalía total” a cargo da artista miñorana Irene Silva cun obradoiro cun xogo poético con versos de Rosalía interpretaremos poemas a ritmo de rap, música tradicional, rock… A actividade vai dirixida a público infantil. As persoas que desexen participar deben inscribirse previamente na propia Biblioteca Municipal ou no correo biblioteca@tui.gal.

    Poemas de Rosalía recóllense nas lonas que esta semana se colocaran na fachada do edificio Francisco Sánchez, e na Praza da Inmaculada, contribuíndo así a difusión da obra poética da autora.

    A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, explica que nunha nova ocasión dende o Concello foméntase a participación na iniciativa  impulsada dende a Fundación Rosalía de Castro, denominada o “Caldo de gloria”. Esta actividade xorde a partir do poema “Miña casiña, meu lar” (Follas novas, 1880), no que unha muller pobre que chega á casa mollada e esfameada, a pesar de que carece de todo, consegue o milagre da supervivencia: facer un humilde caldo de gloria e un bolo do pote, quentarse ó pé do lume e ser feliz. Dende a Fundación Rosalía de Castro sinalan que “Queremos que Galicia, lembre a Rosalía no seu día compartindo en lugares públicos ou no ambiente familiar este “caldo de gloria” dos humildes, un caldo para celebrar tamén a nosa cultura gastronómica popular”.

    Así en Tui nas datas arredor do xoves, 23 de febreiro, súmanse á iniciativa de ofrecer este “Caldo de Gloria” o Restaurante El Molino e o Restaurante Cruceiro do Monte.

    O xoves 23 de febreiro, Día de Rosalía, conmemórase o 186 aniversario do nacemento da escritora máis representativa e reivindicativa de Galicia pola súa defensa do pobo e da lingua. O seu libro Cantares Gallegos sinala o inicio da restauración do uso escrito da nosa lingua e o final dos Séculos Escuros de silencio e esquecemento. A súa obra é un retrato do pobo galego e goza dunha total actualidade.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS