Sábado, 3 Maio de 2025

Tui incrementa un 20 % a reciclaxe de envases entre febreiro e abril con respecto ao mesmo período do ano anterior

Deste xeito superou o reto e gañou o premio da campaña de Ecoembes e a consellería de Medio Ambiente, premio que foi entregado hoxe

Grazas a implicación da cidadanía Tui incremento nun 10 % as achegas ao contedor amarelo durante os meses de febreiro, marzo e abril deste ano, con respecto ao mesmo período de 2020. Deste xeito Tui superou o reto fixado na campaña “Recicla e Únete ao Reto” de Ecoembes e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Hoxe venres, 14 de maio, ás 12 h, na praza dos Barcos de Sanxenxo, representantes municipais acudiron a recoller este premio dotado con 2 mil euros que serán doados integramente a unha causa social.

Dende o Concello de Tui quérese amosar o agradecemento á poboación tudense xa que grazas a súa implicación en prol do medio ambiente superouse este reto. Durante a campaña un posto informativo, un gran contedor amarelo na rúa Ourense, e diverso material publicitario convidaron á cidadanía a reciclar.