15.8 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiRécord de turistas e peregrinos no mes de xaneiro na Oficina Municipal...

    Récord de turistas e peregrinos no mes de xaneiro na Oficina Municipal de Turismo

    Case mil persoas achegáronse no primeiro mes de ano a este punto de información

    No mes de xaneiro bateuse récord de visitantes na Oficina Municipal de Turismo de Tui. Case mil persoas demandaron información neste punto, situado aínda na praza de San Fernando, a maior cifra neste mes dende que se teñen rexistros deste servizo municipal.

    En concreto foron 962 persoas as que pasaron pola oficina tudense, das que 302 eran peregrinos e 660 turistas. Nos datos rexistrados obsérvase un notable incremente de visitas con respecto aos últimos anos superando os datos de antes da pandemia. Así en 2016 foron 702 persoas as que pasaran pola Oficina e 603 en 2017. Tanto en 2018 coma en 2019 a oficina non abriu no mes de xaneiro, e en 2020 foran 588 os turistas e peregrinos que demandaran información. O ano pasado nas semanas de xaneiro en que estivo aberto o servizo só foron atendidas 6 persoas.

    Dos 302 peregrinos que en xaneiro pasaron pola oficina tudense 118 eran internacionais e 184 nacionais.  Portugal con 58 persoas realizando o Camiño, Alemaña con 15, Italia con 13 e EEUU con 11 foron os principais lugares de orixe dos peregrinos. Tamén houbo de Francia, Reino Unido, Países Baixos, Arxentina, Colombia, República Checa, Corea, Letonia, Chile, Brasil ou Xapón.  Mentres a provincia de Pontevedra con 145 persoas, as Illas Baleares con 12, A Coruña con 7 e Córdoba con 5 foron os principais puntos de orixe dos peregrinos nacionais, chegando tamén dende Madrid, Murcia, León, As Palmas, Girona, Cidade Real, Sevilla ou Cádiz.

    Dos 660 turistas que no primeiro mes de ano requiriron información turísticas 147 eran estranxeiros e 513 nacionais. No turismo internacional as principais procedencias foron Portugal de onde chegaron 89 persoas, Brasil con 24, Arxentina con 6,Italia e Ucraína, con 5 turistas de cada un destes países.  Por outra parte de turismo nacional houbo 144 consultas de persoas da provincia de Pontevedra, 64 de Barcelona, 53 de Madrid, 43 da Coruña, e 25 de Baleares, entre outros lugares Dende o pasado 2 de febreiro a Oficina Municipal de Turismo está situada nun novo emprazamento no Paseo da Corredoira nº16, nunhas instalacións máis amplas, céntricas e modernas. O seu horario de atención ao público é de luns a domingo, incluíndo festivos, de 9.30 a 14.00 h e de 16 a 19 h. O teléfono de contacto 677 41 84 05, o correo electrónico turismo@tui.gal e posúe amais a conta @oficinaturismotui en Instagram.  Neste mes están a recibir consultas tanto vía telefónica coma por correo electrónico de peregrinos que están preparando a realización do Camiño de Santiago interesándose por como chegar a Tui dende outros puntos de Galicia, ou onde obter a credencial do peregrino. Tamén teñen consultas de guías de turismo solicitando información para realizar visitas no verán con grupos de turistas.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.