11 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiObradoiro sobre “Motivación e habilidades para buscar traballo” a cargo de Pedro...

    Obradoiro sobre “Motivación e habilidades para buscar traballo” a cargo de Pedro Rodríguez de Océanoen Tui

    Será o mércores, 26 de maio, ás 10 h. Poderase asistir presencialmente ou en liña a través de Zoom

    O Concello de Tui, a través da concellería de Formación e Emprego, organiza un obradoiro sobre “Motivación e habilidades para buscar traballo” a cargo de Pedro Rodríguez, consultor, formador, adestrador e poñente en habilidades sociolaborais de Océano.

    Terá lugar o mércores, 26 de maio, en horario de 10 a 12 h. Poderase asistir presencialmente na Aula CeMIT, na Área Panorámica, ou en liña a través de Zoom. En ambos casos é preciso inscrición previa en orientación@tui.gal.

    Á hora de enfrontarse ao mercado laboral a actitude coa que se realiza a busca de emprego inflúe directamente nos resultados que se obteñen. Neste obradoiro Pedro Rodríguez achegará aos participantes as claves para incrementar o nivel de motivación, para identificar e mellorar as habilidades para a inserción, e para facilitar o autocoñecemento profesional e persoal.

    Tamén abordará coma potenciar a proactividade e a creatividade na busca de emprego.  Outro dos contidos que se tratarán no obradoiro serán a situación actual do mercado laboral, as cualidades dos profesionais máis demandados, ou que facer para buscar traballo hoxe en día.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.