17.5 C
Pontevedra
Venres, 4 de Outubro de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiO Concello de Tui humanizará a travesía de San Domingos destacando o...

    O Concello de Tui humanizará a travesía de San Domingos destacando o seu patrimonio histórico coma a vía romana

    Contemplará a mellora do pavimento e dos servizos e a creación de espazos informativos e de lecer para peóns

    O Concello de Tui vai levar a cabo a humanización da travesía de San Domingos dende a rúa Antero Rubín, pasando pola travesía de San Francisco e rematando a rúa Bispo Lago. O obxectivo é a posta en valor deste vía coma arteria singular de conexión entre o centro urbano e a igrexa de San Domingos.

    O anteproxecto redactado conta cos informes de viabilidade de sectoriais favorables, incluído o de Cultura que está condicionado á realización de catas para a elaboración do proxecto final e inicio das obras.  Precisamente o pleno ordinario de onte xoves, 25 de marzo, irá a dotación do crédito preciso para realizar as catas arqueolóxicas, necesarias para poder avanzar co proxecto.

    A actuación prevista contempla o acondicionamento e mellora do actual pavimento da travesía, así coma o soterramento dos subministros e renovación da rede de saneamento. Ao tempo mellorarase a recollida superficial de augas pluviais, protexendo os accesos existentes ás vivendas e parcelas.

    Tamén se persegue a recuperación patrimonial desta vía coa restauración dos restos da vía romana dos que se ten constancia e dos que poidan aparecer nas catas arqueolóxicas.

    Por outra parte a humanización deste percorrido plantexa a mellora da iluminación existente. Instalaranse elementos singulares coa sinalización de puntos de interese coma un panel informativo con iluminación sobre a vía romana e o  Camiño de Santiago. Nun fito con luminaria recollerase un esquema da evolución urbanística da cidade. Xerarase unha zona de estar con chapa de aceiro corten emulando a sillería tradicional do muro ao que se encostará, con bancos e sistema guía para enredadeiras. Crearase tamén unha barreira verde visual , con plantas trepadoras sobre chapas perforadas, para vestir elementos en mal estado e crear unha nova zona de estar para peóns. Tamén se prevé a creación dun xardíns vertical e horizontal que ocultará a baixante pegada ao muro de pedra.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.