18.9 C
Pontevedra
Xoves, 21 de Setembro de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiO 25 Concurso de Patrullas da Brilat entre Tui e Santiago parte...

    O 25 Concurso de Patrullas da Brilat entre Tui e Santiago parte hoxe da Corredoira

    Un total de 216 militares participarán na vixésimo quinta edición do Concurso de Patrullas da Brilat que partirá hoxe mércores ás 8.45 h dende o Paseo da Corredoira, en Tui.  Nela, os e as militares de cada patrulla poñerán a proba a súa capacidade de sacrificio, a súa habilidade e a súa resiliencia.

    A competición, de carácter militar, consiste nunha marcha rápida con equipo e armamento regulamentario sobre a base do percorrido coñecido como Camiño Portugués, dende Tui até Santiago de Compostela. Durante o itinerario os equipos terán que afrontar distintas probas militares. Ditas probas serán recorrido topográfico, tiro de precisión con fusil, paso de pista de obstáculos, paso de rápel, paso de río, lanzamento de granadas e percorridos cronometrados.

    Está considerada como unha das probas militares máis duras de España posto que, ao percorrido de 120 quilómetros portando mochila, equipo e armamento, hai que engadir a realización de sete probas nun período de tempo dun máximo de 26 horas. A meta e a entrega de trofeos terá lugar na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela este xoves 29 a partir das 18 h. Previamente as patrullas participantes e a Banda de Guerra da Brilat desfilarán dende a Alameda pola rúa do Villar até a Praza do Obradoiro.

    Ao igual que na edición anterior, este ano establecéronse dúas categorías: “Compostela”, formada por equipos de catro militares e que realizarán os 120 quilómetros do camiño incluíndo as sete probas; e a categoría “Azor”, na que participan equipos de tres patrullas de tres compoñentes cada unha que, por relevos, percorren un terceiro do percorrido cada unha. En total participarán 216 militares de unidades da propia Brilat, como doutras unidades do Exército de Terra, da Armada e do Exército do Aire.

    COLABORACIÓNS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.

    Fabio Rivas, «A pintura debida»

    Ás veces atopamos sorpresas inesperadas que nos fan sorrir e confiar na saúde da nosa literatura.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    89 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS