8.8 C
Pontevedra
Venres, 1 de Decembro de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiMáis de 200 persoas participaron nas experiencias de turismo verde celebrada en...

    Máis de 200 persoas participaron nas experiencias de turismo verde celebrada en Tui

    Tui despide a programación do Día internacional do Turismo 2023 logo dunha gran acollida nas actividades desenvolvidas durante esta fin de semana. Máis de 200 persoas participaron nas diferentes propostas organizadas polo Concello de Tui co obxectivo de achegar ao público local aos recursos naturais e culturais tudenses que contan cun gran potencial turístico e están menos desenvolvidos.

    O río Miño é un dos grandes atractivos turísticos de Tui, e o paseo musical en barco programado para o pasado xoves contou cunha gran acollida. As prazas esgotáronse en moito pouco tempo e habilitouse unha quenda extra para dar cabida á ampla demanda rexistrada. Coa empresa Río Miño en Barco, nunha embarcación histórica, e coa música de Lara Villaverde, as persoas que realizaron estes percorridos puideron gozar desta paisaxe transfronteiriza de gran beleza.

    Tamén espertou gran interese a visita ao viveiro de Areas  creado por Rafael Areses a comezos do século XX e que foi o primeiro viveiro forestal que houbo en Galicia. As persoas participantes trasladaron a súa satisfacción co percorrido e o descubrimento de especies senlleiras, con exemplares únicos en Galicia, centenarias minas de augas e paraxes idílicas.  As persoas participantes valoraron a hospitalidade e as explicacións dos membros da Comunidade de Montes de Areas así como da equipa técnica organizadora da actividade que enriqueceu a visita.

    Xa onte domingo o guía interprete do patrimonio, Cristián Lago, foi o encargado do percorrido dende a rúa Olímpicos Tudenses até Caldelas. Medio centenar de persoas participaron nesta experiencia na que percorreron 7 quilómetros á beira do Miño gozando da paisaxe e coñecendo recursos tan interesantes como o petróglifo das Carneiras, a pasarela do río Louro,  a caseta vixía do contrabando, a lagoa de Caldelas, a capela do Carme de Caldelas e o balneario. A directora deste establecemento, Ana Rodríguez, agasallou aos asistentes cunha visita polas instalacións onde puideron observar mobiliario, imaxes e recordos orixinais da histórica edificación.  Un viño de autor e o regreso en tren turístico foi o remate para unha actividade, que solicitaron que se repita pola súa autenticidade e interese para todos os públicos.

    Desde o concello de Tui realízase unha valoración moi positiva destas experiencias desenvolvidas co gallo do Día Mundial do Turismo, tanto pola acollida das actividades e coma polo impacto das mesmas na zona contando con asistentes de Vigo, Tomiño, Gondomar, Mos ou Redondela ademais da veciñanza local.  Agradecen ademais a colaboración das empresas que participaron nestes eventos.

    LIBROS

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.