8.7 C
Pontevedra
Martes, 5 de Decembro de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiCarmen Domech presenta este mércores “Contacontos de libros contentos” en Tui

    Carmen Domech presenta este mércores “Contacontos de libros contentos” en Tui

    Será ás 18 h na Biblioteca Municipal. É recomendable inscrición previa

    “Contacontos de libros contentos” é o título do contacontos que Carmen Domech achega este mércores, 13 de outubro, ás 18 h á Biblioteca Pública Municipal de Tui. Esta actividade forma parte do programa do Mes da Biblioteca que comezou o pasado 22 de setembro e continuará até  o 25 deste mes.

    O contacontos destes mércores vai dirixido especialmente a nenos e nenas de 4 a 11 anos. Nesta sesión Carmen Domech exporá as cousas fantásticas que contan os libros, sucesos incribles de libros tímidos, divertidos, intrépidos, deliciosos…

    Para participar recoméndase inscrición presencialmente na Biblioteca Municipal de Tui ou no seu correo electrónico biblioteca@tui.gal.

    Carmen Domech comezou en 1987 a súa andaina no ámbito da literatura infantil e da animación á lectura como membro fundador e activo do Seminario de Animación a la Lectura y Literatura Infantil de la Escuela de Animación de la C.A.M. Ten participado na organización de ciclos de conferencias e cursos sobre literatura infantil e animación á lectura.

    Como membro do colectivo Dingolondango, ao longo de sete anos, a súa actividade principal centrouse na realización de obradoiros e de contacontos dirixidos a rapaces/as, e de cursos de formación para monitores de tempo de lecer, profesores e bibliotecarios.

    Na actualidade, Carmen Domech realiza sesións de contacontos en colexios, bibliotecas, concellos, centros culturais… e, dende 1993, forma parte da compañía de títeres CACHIRULO, na que realiza funcións de deseño e construción de monicreques e manipulación.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.