Domingo, 4 Maio de 2025

Andatui organiza o sábado a VI Ruta Histórica de Tui

O sábado 8 de agosto o club Andatui organizará a VI Ruta histórica de Tui que estará guiada por un historiador tudense. A ruta, de aproximadamente 4 quilómetros e con saída desde a praza da Inmaculada ás 21:00 horas, permitirá coñecer distintos aspectos da historia tudense.

Centrarase en percorrer e dar a coñecer a antiga muralla de Tui. A ruta rematará na Alameda de san Domingos para degustar unha queimada do mestre Gabi onde tamén haberá unha chocolatada para os máis cativos, xa no final farase un sorteo con diversos agasallos.

Esta actividade ten un prezo de 6 euros para os maiores de 14 anos e de 4 euros para os de 14 anos ou menos. Xa está toda a información e formulario de inscrición en www.andatui.es