Sábado, 3 Maio de 2025

A Xunta inxecta máis de 500.000 euros á hostalaría do Baixo Miño cun total de 260 axudas

O Concello de Tui lidera as achegas recibidas na zona, con 190 solicitudes aprobadas por un montante total de máis de 330.000€. Tomiño e A Guarda tamén superan a vintena de compensacións para paliar os efectos das restricións das medidas sanitarias fronte á covid-19

A Xunta de Galicia aprobou case 260 axudas para o sector hostaleiro da bisbarra do Baixo Miño ao abeiro do seu Plan de Rescate para Autónomos, Microempresas e Hostalería, aprobado a finais do pasado ano para paliar os efectos socioeconómicos das restricións das medidas sanitarias fronte á covid-19 neste sector e outros afectados pola pandemia. Deste xeito, estase a inxectarlle máis de 500.000€ para superar a actual situación.

O Concello de Tui lidera as achegas compensatorias á hostalería recibidas da Xunta de Galicia, xa que cursáronse ata 190, entre as tres liñas do Plan de Rescate, por un importe total de 333.750€.

Pola súa banda, os Concellos de Tomiño e A Guarda tamén superan a vintena de axudas aprobadas polo executivo autonómico para colaborar co sector ante os prexuízos da pandemia. En calquera caso, as achegas alcanzaron, en maior ou menor medida, a todos os concellos da bisbarra, xa que Oia e O Rosal contan con 13 e 5 compensacións, respectivamente.

A piques de pechar esta primeira convocatoria do Plan de Rescate, a Xunta aprobou máis de 7.600 axudas por importe de case 14 millóns de euros na provincia de Pontevedra e ata 24.000 en toda Galicia. Ata o momento, no ámbito da comunidade, abonáronse máis de 20.000 compensacións por importe de 37 millóns de euros e os pagos quedarán completados nos próximos días.

ConcelloTotal de Axudas para HostaleríaImporte de Axudas para Hostalería
A Guarda2265.725 €
Oia1332.700 €
O Rosal515.200 €
Tomiño3073.400 €
Tui190333.750 €
TOTAL260520.775 €