A Federación Provincial de Comercio fixo entrega en Tomiño dos primeiros selos dunha campaña que infunde confianza nos consumidores. Estes selos acreditan como ‘Comercio Seguro’ aos pequenos establecementos que aplican os protocolos sanitarios e hixiénicos estipulados pola Xunta trala crise do Covid-19.
[su_image_carousel source=”media: 16164,16163,16162,16161″ crop=”5:4″ captions=”yes” link=”lightbox” autoplay=”0″]
Os selos de ‘Comercio Seguro’ foron entregados aos propietarios de Lito Sport, Hebe Estética, Clínica Dental Ignacio Rodríguez e Arte Peluquería pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González; o concelleiro de Promoción Económica, Francisco Campo; a vicepresidenta, o secretario e a xerente de Adeto, Marta Álvarez, Iago Pérez e Lorena Quinteiro, respectivamente, e o secretario xeral da Federación Provincial de Comercio, Turismo e Mercados, Enrique Núñez.
Estes establecementos foron os primeiros en cumprimentar a autoavaliación da Xunta de Galicia dentro da plataforma www.comerciosegurogalicia.com conseguindo a nota de ‘Elevado’ e ‘Moi Elevado’ que outorga a citada plataforma. A vindeira semana seguiranse repartindo distintivos a outros establecementos que tamén superaron a autoavaliación da Xunta de Galicia.
Dende ADETO confíase en que “todos os comercios leven a cabo a súa evaluación e soliciten o seu distintivo”.