Domingo, 11 Maio de 2025

Tomiño licita a explotación da cafetería do Espazo Fortaleza por un período de dous anos

A convocatoria completa pode consultarse no Perfil do Contratante da páxina web municipal e o prazo para a presentación de ofertas permanecerá aberto ata o día 11 de xuño

O Concello de Tomiño vén de sacar por segunda vez a licitación a explotación da cafetería do Espazo Fortaleza de Goián. Trátase dun espazo equipado convenientemente cun canon base de licitación fixado en 1.210,00 euros (IVE incluído) para un prazo de aluguer de 2 anos.

A convocatoria completa pode consultarse no Perfil do Contratante da páxina web ou nesta ligazón e o prazo para a presentación de ofertas permanecerá aberto ata o día 11 de xuño.

Para resolver dúbidas ou obter máis información, pódese chamar ao Concello de Tomiño no 986 62 20 01/03 e contactar coa Axente de Emprego e Desenvolvemento Local.