23.5 C
Pontevedra
Mércores, 27 de Setembro de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoTomiñoO Concello instala unha caldeira de biomasa en dependencias municipais

    O Concello instala unha caldeira de biomasa en dependencias municipais

    As dependencias da Policía Local, Protección Civil e o Edificio de Benestar foron beneficiados con esta renovación que se realiza ao abeiro do programa FEDER de Desenvolvemento Sostible, esta nova caldeira suporá un aforro enerxético de máis do 30 %

    O Concello de Tomiño renova a caldeira da Policía Local, Protección Civil e o Edificio de Benestar. Substituíuse a caldeira de gas propano existente por unha nova de biomasa, co obxectivo de reducir as emisións de carbono e mais o consumo de enerxía eléctrica en, polo menos, un 30%.

    Esta actuación, cun orzamento total de case 40.000 euros, levouse a cabo no marco dun acordo de colaboración coa Deputación de Pontevedra, e forma parte do proxecto IDAE, cun financiamento do 80% Programa Operativo FEDER de Crecemento Sostible 2014-2020. A finalidade deste Programa é favorecer o paso a una economía baixa en carbono nas entidades locais.

    A mellora no sistema térmico destas dependencias municipais é un avance máis no Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES) que o Concello de Tomiño botou a andar no ano 2020. O seu obxectivo é reducir as emisións de CO2 nun 40% de aquí a 2030, aumentar a capacidade de resiliencia do Concello minimizando o consumo enerxético, e incrementar o uso de enerxías renovables.

    Con estas medidas, Tomiño avanza tamén no cumprimento do seu plan de Implementación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

    COLABORACIÓNS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.

    Fabio Rivas, «A pintura debida»

    Ás veces atopamos sorpresas inesperadas que nos fan sorrir e confiar na saúde da nosa literatura.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    89 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS