Este venres ás 22:30 h a Praza do Seixo de Tomiño acollerá unha nova sesión de cine para adultos, coa proxección do filme ‘María Solinha’. Posteriormente haberá un coloquio co director do filme, Ignacio Vilar, que contestará todas as preguntas das persoas asistentes.
Sinopsis: María Solinha foi acusada de bruxería no século XVII e condeada á fogueira. En época actual varios veciños e veciñas da vila ensaian unha representación teatral da súa historia. O paso do tempo non serviu para que cambien moito as cousas e a protagonista sofre ecos desagradables dos vividos daquela.
Reservar entrada DE BALDE a través do correo [email protected] ou do número de teléfono 986 62 20 01.