A pista multideporte de Lourenza, en Oia, foi renovada recentemente para mellorar as súas condicións e garantir un uso seguro e adecuado para a veciñanza. As obras foron posibles grazas ás axudas da Xunta destinadas á construción, reforma e mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal.
Para a execución da obra levada a cabo no lugar de Lourenza, o concello de Oia recibiu unha achega de 50.000 euros repartidos en dúas anualidades, o que supón máis do 50 % do custe total dos traballos.
Cabe destacar que o concello de Oia recibiu unha segunda achega, dentro da liña de axudas para a compra de material deportivo, de máis de 2.000 euros que foron destinados a compra de varias mesas de tenis de mesa.
Estas axudas contaron cun orzamento de máis de 5,8 millóns concedidos entre as anualidades do 2023 e o 2024. Na provincia de Pontevedra beneficiáronse preto de 30 concellos por valor de preto de 1,2 millóns de euros.
O delegado territorial da Xunta, Agustín Reguera, destacou os bos resultados dos traballos e lembrou a importancia de “manter en boas condicións as instalación deportivas públicas, non so para fomentar os hábitos saudables entre os máis pequenos, senón porque ademais son unha magnifica forma de dar vida ás parroquias e fixar poboación nova nas mesmas”.