O Concello do Rosal organizará a finais deste mes o roteiro ‘A lingua das aves’, unha interesant4e ruta pola Senda de Pescadores e o río Tamuxe para aprender a identificar ás diferentes especies de paxaros que viven na contorna a través do seu canto.
A actividade celebrarase o vindeiro domingo 30 de abril, con saída ás 10.30 horas do Parque do Tamuxe e remate ás 13.30 horas na Área Recreativa das Aceñas. Trátase dun roteiro impartido por Lorena Franco, de Biophilia, e Manu Sobrino, de El Naturalista Cojo, no que as persoas participantes farán un percorrido dun quilómetro de dificultade baixa e totalmente accesible.
A ruta contará con prazas limitadas polo que para participar será necesaria inscrición previa. As persoas interesadas poderán solicitar información ou inscribirse a través do correo electrónico [email protected] ou do teléfono 693 56 26 74.