Sábado, 10 Maio de 2025

Covelo inviste na mellora da pista deportiva de Pazos

O proxecto, financiado con fondos propios, contempla a instalación de equipamentos deportivos e varandas perimetrais para delimitar as diferentes zonas

O goberno de Covelo sigue apostando polos espazos públicos de calidade e executará o proxecto de mellora da pista deportiva de Pazos que contará na súa contorna cun parque infantil e cunha zona biosaludable.

O proxecto contempla actuar nunha superficie total de  650 m² na que se procederá á mellora da superficie da pista eliminando os resaltos existentes, á reparación dos bordos, limpeza e pintado da pista ademais de dotala dos equipamentos deportivos como canastas e porterías multideportes. Tamén se colocará unha rede protectora nas cabeceiras da pista para evitar a perda de balóns e dotarase a zona dun espazo de lecer para cativos e cativas cun parque infantil. Este espazo para o xogo infantil terá xogos diversos e estará perimetrado por un valo de madeira que substituirá á actual varanda de tubo de aceiro.

Co obxectivo de fomentar hábitos de vida saudable e ofrecer á veciñanza espazos agradables para a convivencia, instalarase tamén tres elementos biosaludables para que os maiores poidan exercitar o seu corpo. O orzamento total será de 44,969.76 € que afrontará o Concello con fondos propios a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.