Venres, 2 Maio de 2025

A Asociación de veciños e veciñas de Maceira, Covelo, organiza o seu Entroido o domingo 26 de marzo

Desfile de comparsas, música, animación e feira de artesanía na praza de Maceira a partir das 17 horas

A asociación de veciños e veciñas San Salvador de Maceira organiza o seu desfile de entroido este domingo día 26. En colaboración co Concello de Covelo haberá música, animación e o desfile de comparsas a partir das 17 horas na praza de Maceira.

Ademais da entrega de premios, haberá unha feira de artesanía na que poder mercar todo tipo de enseres. A asociación San Salvador de Maceira convida a toda a cidadanía da contorna a gozar dunha tarde de festa na súa praza do centro da parroquia.