O Concello de Arbo, en colaboración coa Fundación “ Segundo Gil Davila”, convoca as becas de axuda de estudos de 500,00 € cada unha.
Poderán solicitar esta axuda aqueles mozos que realicen estudos universitarios no presente curso 2022/2023 e que cumpran os seguintes requisitos:
- Estar empadroado no Concello cun ano de anterioridade ao momento en que se solicita a beca.
- Non estar en posesión ou non reunir os requisitos legais para a obtención dun título do mesmo ou superior nivel ao correspondente ao dos estudos para os que se solicita a beca. A estes efectos, non poderán ser beneficiarios de beca aqueles estudantes aos que unicamente lles reste, para a obtención do título, a acreditación dun determinado nivel de coñecemento dun idioma estranxeiro.
- Estar matriculado nalgunha das ensinanzas universitarias do sistema educativo español para obter un título universitario oficial.
- No caso do Master, só se Terán en conta aqueles que habilitan para o exercicio profesional.
- Non atoparse incurso nalgunha das prohibicións establecidas no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
A instancia de solicitude dirixirase ao alcalde do Concello de Arbo, acompañada da documentación establecida nas Bases da convocatoria (a disposición dos solicitantes nas Oficinas Municipais e na páxina Web).
O prazo de presentación estará aberto dende o día 6 de outubro ata ó 6 de novembro de 2022.