16 C
Pontevedra
Venres, 24 de Marzo de 2023
Máis
    HomeA ParadantaArboO certame de corais "Vila de Arbo" reparte premios

    O certame de corais “Vila de Arbo” reparte premios

    O Concello de Arbo organiza coa colaboración da Coral Polifonica de Arbo,  despois de dous anos de parón por mor da Covid-19, o “VIII Certame de corais Vila de Arbo” que terá lugar o 6 de maio de 2023, ás 18.30 horas, no Auditorio Segundo Gil Davila co fin de apoiar a cultura musical, polifónica e coral, así como mostrar os recursos culturais, gastronómicos e patrimoniais do municipio arbense.

    Nel poderán participar todas as agrupacións corais que sexan de Galicia e que non sexan profesionais nin pertenzan a ningunha escola profesional ou  semiprofesional de música, sen ningún tipo de acompañamento musical (soamente a  capela).

    No certame participarán un máximo de seis agrupacións corais. O prazo de inscrición finalizará o 3 de marzo ás 15:00 horas. Para inscribirse as agrupacións interesadas enviarán a instancia en modelo que figuran nas bases do concurso solicitando a súa inclusión no certame e un curriculum  vitae que inclúa a súa actividade polo menos dos últimos tres anos, unha declaración xurada conforme non pertencen a ningunha escola ou convervatorio profesional de música e unha gravación propia realizada nos últimos dous anos que inclúa polo menos tres pezas do seu repertorio. As corais participantes serán seleccionadas polo Comité de Organización do VIII Certame Galego de  Corais Vila de Arbo.

    A obra obrigatoria nesta edición do concurso é “BAMBOLIÑA (a rapaza que no paraba quieta)” en memoria de Antonio Paz Valverde, unha gran insignia artística que puxo selo á cultura e a música coralista

    A coral gañadora do certame recibirá 900 euros, a segunda clasificada obterá 400 euros, a que ocupe o terceiro posto levará 200 euros e, ademais, entregarase o premio FEGOCA, de 500 euros, á mellor interpretación da obra obrigatoria do certame. Todas, incluídas as non premiadas, recibirán ademais diplomas acreditativos.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS