Domingo, 4 Maio de 2025

As obras para adecuar o entorno da capela de San Xoán xa están en marcha

A empresa encargada da realización das obras é unha empresa local, tal e como quedou reflexado no plan de reactivación local redactado polo goberno arbense

As obras inclúen a limpeza do ámbito, retirada da capa de formigón do entorno cércano a capela e a colocación de adoquín ou enlosado de granito país, colocación de bancos e dunha Varanda de protección nas escaleira de acceso peonil.

De acometer os traballos encargase unha empresa do Concello de Arbo, tal e como adiantaba o alcalde no plan de reactivación do sector local despois da crise sanitaria ocurrida por mor do COVID.

Na actualidade o entorno da capela de San Xoan atopase moi deteriorado, é por iso que o Concello de Arbo, pretende levar a cabo unha serie de actuación que permiten unha mellor accesibilidade a capela e o seu entorno, coidando as condicións estéticas da mesma.

Con esta actuación pretendese mellorar as condicións estéticas e funcionais do espazo existente no entorno da capela, e facelo máis accesible, informa o alcalde Horacio Gil. Unha serie de melloras que dan resposta a demanda dos veciños e veciñas de San Xoan e que ademais supón  a posta en valor da gran riqueza patrimonial coa que conta o municipio de Arbo e donde ademáis, pretendese evitar situación de perigo, polo que se proxecta a execución dunha pavimentación do ámbito acorde o entorno existente.