Sábado, 3 Maio de 2025

Arbo recupera e pon en valor antigos lavadoiros e fontes municipais

O Concello mellorou os lavadoiros de Sela, A Hermida e a Fonte de Hermida cun investimento de 21.824,56 € e executadas por unha empresa local

O Concello de Arbo, vén de dar por rematadas as obras as obras de mellora e recuperaci´n de dous antigos lavadoiros sitos nas parroquias de Sela e Mourentan e unha fonte. As obras, que foron executadas por unha empresa local por importe de 21.824,56 €, englobaron o acondicionamento do terreo onde se sitúan as construcións, drenaxes perimetrais e substitución de estruturas deterioradas.

As estruturas non aptas para a súa reutilización foron substituídas por outras novas, sendo o resultado unha imaxe renovada pero tradicional do elemento. Retelláronse e foron pavimentados no interior e nos accesos. Tamén se realizou a limpeza e encintado de elementos de cachotería de pedra, revestimento e pintado de paramentos, teitos e todo elemento de fábrica, con cores acordes co medio.

O Goberno que preside Horacio Gil, esta a desenvolver unha serie de traballos dirixidos a rehabilitación do patrimonio histórico e cultural de Arbo, entre os que cabe destacar estas labores de recuperación dos lavadoiros. Coas obras proxectadas pretendese conservar o patrimonio municipal, recuperar a imaxe de construcións tradicionais e dotar de servizos adecuados ás instalacións existentes. Melloranse amais as condicións das construcións existentes, a súa funcionalidade e foméntase o seu uso e mantemento.Cómpre lembrar que, dentro destas actuacións, hai uns meses foron mellorados e recuperados os lavadoiros do Vieiro e de Ferral.

“Os lavadoiros son parte da cultura e tradición de Galicia así como a da arbense, un patrimonio que se debe coidar e recuperar. Nos últimos anos se levan recuperado lavadoiros tan importantes como o de Turbela, San Xoan, Valiñas, o Urzal, Couto, Ferral, Vieiro…. e se seguiran recuperando”- o alcalde de Arbo, Horacio Gil.