Sábado, 3 Maio de 2025

Arbo premia aos compradores do comercio local

Máis de noventa establecementos arbenses repartiran rifas entre os seus compradores

Baixo o lema “agora máis ca nunca apoia ao comercio local”, o Concello de Arbo pon en marcha un ano máis a campaña “comprar en Arbo ten premio”, en colaboración coa asociación de comerciantes do municipio, na que participan máis de noventa establecementos da localidade arbense.

Os negocios repartirán entre os seus clientes rifas polas súas compras. En total imprimíronse preto de 150.000 rifas. En canto a números, repartiranse ao redor de 3000 euros en premios: un vale de 500 euros,  un vale de  250 euros,  un vale de 150 euros,  tres vales de 100 euros e 25  vales de compra de 50 euros.  O sorteo efectuarase en xaneiro, repartindo os vales para descontar nos comercios, bares, restaurantes e empresas de Arbo que participan na Campaña de Nadal, aos agraciados no sorteo.

Coa posta en marcha desta campaña, o Concello de Arbo e os seus comercios pretenden atraer a un maior número de clientes e fidelizar aos seus compradores máis habituais. Sinalando ademais a importancia de apoiar o pequeno comercio local tan importante para Arbo e que é a base da economía de moitos arbenses “Comprar en Arbo xera postos de Traballo é Riqueza ao municipio”.

O alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil, anima a que “os arbenses e os visitantes desfruteden da vila, especialmente atractiva nesta época do ano, e que aproveiten para realizar todas as compras nos comercios de Arbo, nas empresas, a que visiten os nosos locais de hostalería, bares, restaurantes, casas de turismo rural, as nosas adegas, nos que poderen degustar todos os marabillosos produtos, e porque non, a desfrutar dunha fascinante experiencia nunha das nosas empresas de turismo de aventura, encontrándovos, aínda que sexa con mascarilla e mantendo as distancias de seguridade, con todos os vosos veciños e veciñas para desexarlles un Bo Nadal”, remata o rexedor.