Sábado, 3 Maio de 2025

Arbo distribuirá 50 trampas contra a avespa velutina

As trampas poden solicitarse nas oficinas municipais. O Concello de Arbo xa entregou trampas e cebos contra a vespa asiática en anos anteriores

O Concello de Arbo emprende novamente unha campaña de loita e erradicación da avespa velutina para intentar frear a expansión da avespa asiática. Para este fin poñerá a disposición dos veciños e veciñas de Arbo, de maneira gratuíta, 50 trampas e 100 botes de cebo financiados con cargos aos fondos propios do Concello.

Os interesados e interesadas que queiran instalar algún destes sistemas de captura en zonas donde se asente esta especie invasora, deberán presentar a correspondente solicitude nas oficinas municipais do Concello de Arbo, de luns a venres en horario de 8:00 a 15:00 horas

Esta xa non é a primeira campaña que realiza o Concello de Arbo contra a avespa velutina, xa que en anos anteriores entregouse á veciñanza trampas e cebos, sinala o alcalde Horacio Gil. O rexedor local lembra que esta é a época para a colocación destas trampas “para evitar a formación de niños” e adianta que “dende o Goberno estamos a disposición dos veciños e veciñas de Arbo para, coa súa colaboración, erradicar a proliferación desta especie”.