Sábado, 3 Maio de 2025

Actividades para nenos na biblioteca de Arbo

O Concello de Arbo, pon en marcha o Verán Cultural 2023, con actividades na Biblioteca de Arbo.

Dentro do programa leer Conta, este 12 de xullo (mércores) ás 11.30 h terá lugar  a actuación infantil “Contábamos na casa”, a partir dos 6 anos de idade.

Pero esta non será a única actividade dentro deste programa:

 O 26 DE XULLO (MÉRCORES): Ás 11:30h. actuación infantil “Escándalo na Biblioteca”, a partir dos 8 anos de idade.

O 9 DE AGOSTO (MÉRCORES): Ás 11:30h. actuación Infantil “A nena que podía falar cos animais” a partir dos 4 anos de idade.

23 DE AGOSTO (MÉRCORES): Ás 11:30h., actuación Infantil “A igualdade non ten idade”. Para idades de 3 a 13 anos.

Ler conta moito ten como obxectivo xeral animar á lectura a través do desenvolvemento de accións atractivas vinculadas aos intereses dos distintos colectivos, que faciliten o achegamento a ese mundo completo que poden atopar nos espazos bibliotecarios, tanto a través dos libros coma a través dos materiais audiovisuais e informativos que conforman os fondos das bibliotecas.

Con esta programación preténdese:

  • Fomentar o hábito da lectura no conxunto da poboación, a través dun achegamento á biblioteca que esperte o interese polo que esta pode ofrecer.
  • Fortalecer o papel das bibliotecas como espazo de relación, aberto e participativo, e como axente facilitador da aprendizaxe permanente e da descuberta de novos temas e inquedanzas sociais.
  • Consolidar a programación compartida da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, coa renovación permanente de propostas atractivas e de calidade.
  • Promover o desenvolvemento cultural como vehículo para o crecemento persoal e colectivo.
  • Valorar o libro e, en xeral, a lectura como elemento de transmisión de coñecemento e de reflexion

Dende o Concello de Arbo, animan aos máis cativos do Concello a achegarse a biblioteca municipal para gozar destas actividades lúdicas.