O pasado venres, 16 de outubro o Concello de Arbo, Horacio Gil, alcalde do Concello de Arbo, recibía na súa primeira visita institucional da nova Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Luisa Piñeiro.
A delegada territorial mantivo un encontro co alcalde do Concello de Arbo, donde analizaron as principais demandas do Concello de Arbo.
Entre os temas tratados entre o alcalde e a delegada, para ser atendidas pola adminstración autonómica, están os proxectos de saneamento e melloras en viais, como a mellora do antigo trazado da PO-400 en Cequeliños, a situación dos polígonos agroforestais de Sande- Cequeliños e Abelenda-Paravedra, o despegue da fibra óptica nos núcleos de Estación, Pedreira, Vilanova, Hermida, Regadas, a Humanización Nova Rúa entre Rúa Vázquez Estévez (Antiga PO-400) e PO-400 dentro das lineas de axudas do programa Hurbe, entre outros temas.

O alcalde do Concello de Arbo, agradece o interese mostrado pola Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Luisa Piñeiro, polos temas exposto polo rexedor. Horacio Gil, manifesta o compromiso que sempre mantivo a Xunta de Galicia cos intereses do municipio.