O alcalde da Cañiza, Luis Piña, acompañou o pasado venres ao delegado territorial da Xunta de Galicia, Luis López, e ao xefe territorial de Medio Abiente, José Manuel González, na visita realizada ás obras de urbanización no entronque entre a rúa Progreso e o Regueiro.
Ademais, na visita tamén estiveron presentes os concelleiros da Corporación Municipal. Estas obras de urbanización están enmarcadas dentro do Plan Hurbe da Consellería de Medio Ambiente e Territorio, executadas pola Xunta de Galicia.
As obras deron comezo o pasado 24 de setembro e consistiron na urbanización do tramo de cabeceira de conexión entre a N-120 e o Regueiro nunha superficie de 43,50 ml. Rematadas as obras por parte da empresa e recepcionadas o pasado 5 de novembro de 2020, a urbanización precisou de varias correccións por non terse contemplada inicialmente a conexión entre ambas beirarrúas para a canalización soterrada da tubería de telefonía e comunicacións. Ademais, asfaltouse o entronque sen retirar previamente un poste de alumeado público situado no medio dunha das calzadas.
O Concello tivo que acometer estas correccións, abrindo unha “zanja” por toda a calzada para conectar ambas beirarrúas na N-120, colocando a tubería de comunicacións e xestionando o reasfaltado deste tramo, no que queda pendiente colocar as baldosas para invidentes dacordo coa normativa vixente.

Aproveitando a execución destas modificacións, o alcalde Luis Piña informou de que tamén se desplazará a sinalización do paso peonil 65 cm máis abaixo na calzada para facilitar a incorporación dos vehículos á N-120.
Orixe da obra
A obra desenvolveuse no marco dun convenio asinado no ano 2019 entre o Concello e a Consellería por un importe de 46.995,44 € dos que a Consellería aportará o 70% e o Concello o 30% restante.
Este expediente estivo paralizado dende febreiro de 2019 por un error detectado na Dirección Xeral de Urbanismo cando a Xunta solicita, ao Concello gobernado polo anterior alcalde, o envío do proxecto completo e se envía un proxecto de urbanización que nada tiña que ver coa Memoria inicial de Humanización que da lugar á sinatura do Convenio.
Isto provoca unha parálise na tramitación do expediente, ata que recién tomada posesión na alcaldía, Luis Piña interesase polo Convenio e solicita unha entrevista coa Directora Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo. Esta reunión celebrarase o 30.08.2019 en Santiago e terá como resultado a sinatura dunha Addenda pola que se modifica o convenio cambiando o proxecto de humanización por Urbanización. A partires deste momento o expediente continúa a súa normal tramitación.