Sábado, 3 Maio de 2025

Continúa a exposición “A muller ao longo do tempo no concello da Cañiza”

O alcalde da Cañiza, Luís Piña, acompañado polas concelleiras de goberno e a educadora familiar municipal, visitou a exposición fotográfica “A muller ao longo do tempo no concello da Cañiza”. Exposición organizada polo Concello, a través da área de Igualdade. Ao interés que ten coñecer a vida no concello na historia únese o especial punto de vista desta exposición, unha mirada á vida da muller, dos seus diferentes roles que desempeñaba e segue desempeñando na sociedade do rural, familia, a vida no rural, actividade comercial, a vida na escola, lecer, e vida relixiosa. Unha vida difícil, á que esta exposición achégase de maneira fiel e tamén agarimosa. Tamén recoñécese a labor das mulleres rompedoras na sua época, por non axustarse os canons que a sociedade impuña nese momento; menciónase de maneira especial a historia de Dona María Purificación Gómez González e Dona Rita Fernández Queimadelos, loitadoras e percusoras dunha sociedade máis igualitaria e máis xusta para as mulleres.

[su_image_carousel source=”media: 42580,42578″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Contribución á economía e a mellora dos dereitos e liberdades da muller

O Concello inicia, con esta exposición, o recoñecemento da labor e do papel das mulleres dentro da historia da Cañiza, moitas veces invisibilizado. Aínda que na exposición non aperecen todas as mulleres que deberían estar, as que están representan todas aquelas historias de mulleres que, dalgunha maneira, contribuíron na economía e na vida social e familiar da historia do concello, e as mulleres pioneiras que se enfrontaron a desigualdade no seu momento e que loitaron cara unha sociedade mais xusta e máis libre en canto a cuestións de xénero.

Esta exposición poderase desfrutar ata o 14 de agosto, no Salón de plenos do Concello, en horario de 8:00 a 20:00.

Agradecementos

O alcalde, en nome do Concello, quere agradecer a todos os veciños do concello que de maneira desinteresada fixeron cesión das fotografías e o material para esta exposición :

Familia Lamas-Estévez, Familia Álvarez Facorro, José Luis Bacelar, Familia Oliveira Ferreiro, familiares de Manuel López Fidalgo, Generosa Ribeiro Miguélez, Amalia Fidalgo Pedrosa e Clemencia Puga Fidalgo, Guadalupe Troncoso Nuñez, familia Fernández Puime e Carpintero Puime, Felisa Varela, Josefa Antón Ferreira, Encarna Neira, Teresa Martín, Maria da Cruz, Adelina Pérez, Marcos Álvarez, e de maneira especial a Alberto José Lamas

Éstévez e familia, pola cesión do material totográfico e o material que se atopa exposto, ademáis da sua adicación e implicación desinteresada na organización desta actividade.