Mércores, 7 Maio de 2025

Comezan as obras de mellora do camiño da EP-5304 As Tallos, Valeixe, na Cañiza

A primeiros de setembro comezou esta obra, que está enmarcada dentro do Plan de “Mellora de Camiños Municipais de acceso a parcelas agrícolas 2021-2022” e ten por obxectivo mellorar a capa de rodaxe e o drenaxe do vial da EP 5304 polo camiño de As Tallos – Mourelos – O Seixal.

A obra está subvencionada ao 100% pola Axencia AGADER da Consellería de Medio Rural da Xunta cun total inicial de 68.818,00€  para as anualidades de 2021-2022, ainda que o Concello executará a totalidade da obra neste 2021.

A obra foi adxudicada a empresa CONSTRUCCIONES VALE SL que comezou os traballos a primeiros de setembro consistentes na limpeza e ampliación de cunetas, para mellorar a seguranza viaria, garantir o cruzamento de vehículos e reducir sobrelargos en zonas de curvas con baixa visibilidade ou entroncamentos. Ademáis acondicionarase o firme existente coa incorporación de novas capas máis axeitadas ás características do tráfico, realizarase unha drenaxe do camiño e mellorarase a sinalización do vial.

Así, con estas accións, contémplase a mellora de 1.150 metros de vial, con anchos variables que van dende os 3,50 ata os 4 metros, xa que este camiño presentaba na capa de rodaxe unha rega asfáltica moi deteriorada ademáis de necesitar con urxencia a limpeza e ensanche das cunetas para garantir a seguridade viaria.

Segundo manifestou o alcalde Luis Piña “a pista de As Tallos –  Mourelos – Seixal é unha das vías de conexión máis utilizadas polos veciños procedentes de Albeos e arredores para acceder á  Cañiza ou a outros lugares da parroquia de Valeixe”.