Sábado, 3 Maio de 2025

As obras da piscina da Cañiza continúan avanzando

Luis Piña, alcalde da Cañiza, visitou hoxe as instalacións da piscina climatizada da vila, acompañado polos técnicos de Civis Global S.L.U., encargados da rehabilitación que comezou o pasado mes de abril.

A un mes do inicio das obras de REHABILITACIÓN ENERXÉTICA DA PISCINA MUNICIPAL, xa se están rematando as actuacións desenvolvidas sobre as dúas cubertas da instalación. A cuberta inclinada e a plana que suman un total de 1500 m2. Unha obra que mellorará o sistema de climatización da piscina, actuando en todo o tellado para acadar un maior aislamento térmico e reducción de consumos de enerxía.

As obras comezaron o pasado 26 de abril coa retirada da antigua cuberta e dos  paneis solares existentes para proceder á instalación dunha nova estructura de chapa e recolocación dos paneis térmicos que aínda que xa están instalados, falta conectalos.

Na cuberta inclinada, nun total aproximado de 900 m2, retirouse o panel de chapa e o de policarbonato e na cuberta plana de 800 m2, se retiraron todos os elementos existentes, a grava, o aislamento e as láminas impermeabilizantes que presentaban un avanzado estado de deterioro.  Nestes días a empresa está traballando na colocación e impermeabilización das mesmas, incluindo a realización dunha proba de estanqueidade, enchendo a cuberta con auga para comprobar a súa efectividade.

En paralelo tamén se está executando a estrutura de peche do vaso pequeno da piscina que permitirá incluir neste espazo unha sala polivalente de máis de 200 m2.

Ademáis  se retiraron os antiguos elementos de gas-oil de producción de calor da sala técnica e se preinstalaron as novas caldeiras de pelets, avanzando tamén na instalación do silo. Outra actuación que permitirá mellorar a eficiencia enerxética e reducir os consumos.

As obras avanzan a bo ritmo o que permitirá que nos primeiros meses de 2023 a instalación poida abrirse completamente renovada.