Xoves, 8 Maio de 2025

Abre a praia fluvial de Luneda da Cañiza

A partir de hoxe queda aberta a praia fluvial de Luneda, na Cañiza, cun aforo reducido ao 75% da súa capacidade. Os usuarios da praia deberán autoregularse para evitar calquera situación que poña en risco a súa saúde ou a propagación da enfermidade da Covid-19.

Hai que recordar que o nivel de restriccións que as autoridades sanitarias aplican ao Concello da Cañiza é MEDIO-BAIXO.

A reducción do aforo ao 75% fai que o máximo de persoas permitido establézcase en 225 persoas.

Deberase manter a distancia de seguridade de 1,5 m, ou na súa falta o uso de máscara. As normas para o uso da máscara son as seguintes:

  • Exceptuado: durante o baño, mentres se permaneza nun espazo determinado, sen desprazarse, e sempre que se poida garantir o respecto da distancia de seguridade interpersoal.
  • Obrigatorio: nos accesos, desprazamentos e paseos; no uso dos vestiarios, agás nas duchas, sempre que non se poida manter a distancia de seguridade interpersoal entre persoas non conviventes.

As zonas de estadía terán unha capacidade mínima de 4 m2 /persoa, agás conviventes. A situación de obxectos persoais, toallas, hamacas e demáis elementos colocaranse nesta zona de xeito que se poida manter a distancia de seguridade interpersoal.

Recoméndase un límite máximo de 15 persoas por grupo, agás no caso de persoas conviventes.