Por segundo ano consecutivo, o alcalde da Cañiza, Luis Piña, e a Asociación de Comerciantes da Cañiza presentan a campaña de impulso e fidelización do comercio local coñecida como “A Confianza de Sempre, Agasállate este Nadal”. Unha campaña que ten como obxectivo principal dinamizar e incentivar o pequeno e mediano comercio da Cañiza. En palabras do alcalde «unha aposta polo comercio local, polo comercio de sempre, cercano e comprometido».
O programa consiste en sortear, entre os clientes dos establecementos do municipio que fagan compras por un importe de 20 €, 4.350 € en vales de compra. 500 € foron doados pola actual Asociación de Comerciantes da Cañiza, 500 € pola antigua Asociación de empresarios e comerciantes da Cañiza e os 3.000 € restantes foron aportados polo Concello. Ademais, a esta cantidade súmanse outros 350 € máis da campaña do ano pasado que quedaron sen entregar ao non ser reclamados polos gañadores.

A campaña desenvolverase durante os meses de decembro de 2021 e xaneiro de 2022. Os sorteos realizaranse os días 15 e 30 de decembro de 2021 e 15 e 31 de xaneiro de 2022, distribuíndo, en cada sorteo, 20 premios de 50 euros en vales de 10 euros.
Os vales poderanse empregar ata o día 28 de febreiro do 2022, nos establecementos adheridos.
O premiado deberá gastar na compra como mínimo o total do vale (10 euros), o vale non poderá ter devolución monetaria.
Poderás consultar as Bases da campaña na web municipal: www.caniza.org.
Así que si te animas e compras na Cañiza este Nadal, non te esquezas de solicitar os teus boletos.