Este 19 de febreiro, domingo de entroido, as comparsas da Cañiza se achegaron ata a Carballeira do Cacharado para participar no concurso que, un ano máis, luciu cun grande nivel de orixinalidade, humor e posta en escea na rúa Antonio Facorro.
Grazas á tarde soleada, os compoñentes das 8 comparsas puideron exhibirse diante dos veciños e do xurado, para competir polos premios que en total estaban dotados con 2300 euros repartidos en 500 €, 300 €, 200 € e 150 € para os primeiros, segundos, terceiros e cuartos premios respectivamente de cada categoría de infantil e adultos.
Coa participación de 4 comparsas infantís e 4 comparsas na categoría de adulto, o entroido volveu a celebrarse na Cañiza despois de 2 anos de parón debido á crise sanitaria provocada pola Covid-19.
O alcalde da vila, Luis Piña, agradeceu na súa intervención a participación de todos os membros das comparsas e os felicitou por contribuir a facer máis grande esta festa. Tamén agradeceu a presenza do público e a colaboración dos empregados do Concello na tarde do domingo, especialmente ao departamento de cultura e de obras. Ademais, agradeceu o traballo realizado polo Xurado desta nova edición formado polos deseñadores cañicenses Cristobal Vidal e José Castro, polo Director da Escola de Teatro Patricio Mango e o Director da Escola de Música Diego Paín.
O xurado, presidido por Cristobal Vidal, acordou entregar os premios ás seguintes comparsas:
- 1º Premio adultos: CLASSIC CIRCUS (composta por mulleres procedentes do Centro Esclavas Dolorosas de Crecente que participaban dentro dun programa de integración social e que coa súa alegría e desenvoltura emocionaron a todo o público)
- 2º Premio adultos: JHUASAP DE BARRIO
- 3º Premio adultos: MISIÓN ESPACIAL CHUSQUIÑO 23
- 4º Premio Adultos: AS ESTRELAS DE JALISIA
- 1º Premio Infantil: MAKBUT, A FORZA RESIDE EN NÓS
- 2º Premio Infantil: NOS VAMOS DE PARY
- 3º Premio infantil: PROCURA DOS EXTRATERRESTRES
- 4º Premio infantil: PODRIDAS PERO SABROSAS.
[su_image_carousel source=”media: 67987,67986,67985,67984,67983,67981,67980,67979,67978″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]