Mércores, 7 Maio de 2025

A Cañiza da a coñecer o amplo programa de actividades que se desenvolver no «Verán de Lecer»

Teatro, deportes, maxia, actividades ao aire libre ou exposicións, son algunas das actividades das que, durante os meses de xullo e agosto, poderán gozar as e os cañicenses

O Concello da Cañiza vén de dar a coñercer o amplo e variado programa de actividades que se desenvolverán dentro do ‘Verán de Lecer’ unha proposta que busca ofrecer á veciñanza e visitantes, un abano de actividades para todos os públicos, gustos e idades.

O programa abríase onte domingo coa obra de teatro 12 uvas, 2 mulleres e 1 oliva a cargo da compañía Olivas Negras no Auditorio da Casa da Cultura. Hoxe domingo ás 22 horas, volverase a representar esa mesma obra.

O mércores día 14 de xullo, a Praza Maior acollerá unha exchibición de Taekowndo ás 21 horas. O sábado 17, o parque eólico Montouto-2000 será escenario do Campionato Galego de Aeromodelismo F3F voo en ladeira de planeadores. A proba, organizada polo Club Vuelo a Vela Fontefría, dará comezo ás 10:30 horas e alongarase durante toda a xornada.

A semana rematará cunha andeina, cun percorrido aproximado de 12 quilómetros e do que, durante esta semana, darase a coñecer o punto de saída.

Ese mesmo domingo 18 de xullo, o teatro volverá ao Auditorio da Casa da Cultura da Cañiza. Desta volta será a obra Soga e Cinsa a cargo da compañía Aporía Escénica. Haberá dous pases, un ás 18:30 horas e outro ás 22:30 horas.