Sábado, 3 Maio de 2025

A Cañiza comezou coas obras de reforma da piscina climatizada

O rexedor da Cañiza, Luis Piña, visitou hoxe pola mañá as instalacións da piscina climatizada municipal, acompañado polos técnicos da empresa adxudicataria logo de comezar esta semana as obras de reforma.

A empresa CIVIS GLOBAL, S.L.U, adxudicataria do contrato disporá dun prazo de 10 meses a partires deste luns 25 de abril para executar a obra de REHABILITACIÓN ENERXÉTICA DA PISCINA MUNICIPAL consistente en obras de reparación, mellora nas instalacions e renovacion de acabados nos vestiarios da piscina. Un proxecto redactado polos arquitectos Jorge Nimo Silva e Carlos Mezquita Fernández visado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia o 26.07.2021.

Unha obra cun investimento total de 742.747,95 €, dos que 689.048,95 € corresponden á execución da obra e 53.699,00 qq1€ a costes de redacción de proxectos, dirección de obra e dirección de execución material e coordinación de seguridade e saúde.

Os costes de execución da obra están financiados ao 100 % pola Deputación de Pontevedra, que aportará 500.776,16 € a través do Plan extraordinario «REACPON» (Reacciona Pontevedra) e 188.272,79 € procedentes do Plan Concellos 2022-2023 Liña 1 de investimentos.

Segundo manifestou o alcalde esta mañá “o inicio desta reforma é a clara resposta a un compromiso firme adquirido cos veciños e usuarios da piscina de volver a abrir a  instalación, pero neste caso totalmente reformada e enerxéticamente eficiente”.

A obra cambiará todo o sistema de climatización da piscina. Actuarase en todo o tellado para acadar un maior aislamento térmico. Se calefactará a zona de vestiarios e se sustituirá o uso de gas-oil por pellets co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética e reducir os consumos.

Tamén se eliminará o vaso da piscina  pequena para incluir neste espazo unha sala polivalente de máis de 200 m2 e o vaso grande quedará a un nivel profundo de 1.30 m e 1.20 m nos laterais, reducindo considerablemente os consumos enerxéticos xa que a piscina tiña unha profundidade  media de 2m.

Outra das novidades deste proxecto será a nova zona de SPA que se situará no lugar que ocupaba a metade das gradas. Terá capacidade para 10 persoas e saunas húmidas e secas.

Unha reforma que permitirá un uso máis polivalente da instalación, incrementar a oferta de actividades de ocio deportivo e aumentar a súa rentabilidade.