Domingo, 4 Maio de 2025

A Cañiza abre mañá a piscina municipal de As Grades

A piscina municipal da Cañiza permanecerá aberta de luns a domingo, do 1 de xullo ata o 15 de setembro (se o tempo o permite). O horario de apertura establecido é de tarde, de 15:00 a 21:00 horas.

Polas mañás permanecerá pechada para dar servizo exclusivo aos 50 nenos dos campamentos municipais de verán, que poderán acceder en horario de 11:00 a 13:00 horas.

Os prezos das entradas son de 1,50 € para os adultos e 1,00 € para os xubilados e a entrada infantil.

Debido á situación sanitaria actual, haberá que manter a distancia de seguridade de 1,5 m, ou na súa falta o uso de máscara que será obrigatoria nos accesos, desprazamentos,  paseos e duchas. Non será obrigatoria durante o baño sempre que se respecte a distancia de seguridade.

O aforo, controlado polos monitores, redúcese de 326 a 163 usuarios ao día. Para poder acceder á instalación, os usuarios terán que pasar na entrada un control de temperatura con pistola térmica. Ademáis terán que calzar chanclas antes de acceder ao recinto.

Tamén está habilitado un carril de entrada e outro de saída, debidamente sinalado, que garantirá o distanciamento físico entre os bañistas e traballadores de dous metros.

A reserva de prazas para o día en curso pódese facer chamando ao número de teléfono do concello, 986 651 000, en horario de 8:00h a 14:00h.  As reservas para o sábado e domingo realizaranse o venres no mesmo horario. Esta medida permitirá aos monitores axustar o aforo e programar a axenda de citas. As reservas están condicionadas a que a entrada se efectúe entre as 15:00h e 17:00h e se transcurridos uns minutos o usuario non aparece perderá a quenda.

Todas as zonas da piscina (zona de paseo, baños, enfermería, pasamans, taquillas…) desinfectaranse varias veces durante a xornada polos servizos de limpeza municipal.

O Concello garantirá o estado óptimo da auga comprobando diariamente o cumprimento dos requisitos dos equipos de tratamento da auga do vaso. Estas augas estarán sometidas  a un riguroso proceso de filtración, desinfección e regulación de Ph.