Os clubs de elite masculinos da provincia estiveron onte no Pazo Provincial para recibir o recoñecemento público da Deputación da man do responsable da área de Deportes, Gorka Gómez: “Queremos darvos as gracias polo voso esforzo e compromiso, que leva posicionando á provincia como referente do deporte a nivel nacional, e desexarvos todos os éxitos”.
O Museo de Pontevedra organiza dous obradoiros nos días de vacacións escolares de Semana Santa, dirixidos a rapazada de 7 a 12 anos. Co título ‘De muller a muller’, celebraranse o martes 4 e o mércores 5 de abril de 11.30 a 13 horas. Cada obradoiro conta con 15 prazas, que se adxudicarán por orde de inscrición escribindo a [email protected] a partir do martes 28 de marzo ás 9 da mañá.
A sede de Vigo da Deputación vén de acoller o evento de presentación de resultados de Depoinnova, o programa que a institución provincial puxo en marcha o pasado mes de xullo co obxectivo de incorporar solucións innovadoras e de vangarda para mellorar dos servizos públicos da propia Administración e dos concellos da provincia e dar resposta a retos “que xa non son de futuro, senón de presente”, como asegurou a presidenta Carmela Silva durante a xornada.
Viquingos de Catoira, veciñanza no Medievo da Arribada de Baiona, danzantes de Cobres ou Darbo, cabalos de Sabucedo, protagonistas da Coca en Redondela, zoqueiras, pandereteiras, artesás de coiro e liño, os Entroidos, a lamprea, o viño ou as paisaxes….. O vestíbulo de entrada da Estación de Metro de Nuevos Ministerios, unha das máis utilizadas de Madrid, situada en plena Castellana como principal zona comercial e financeira da capital e cun tránsito de máis de máis medio millón de persoas, énchese da cor e das emocións e tradicións únicas da provincia de Pontevedra.
A Deputación de Pontevedra, a través do seu departamento de Mobilidade, reunirá o vindeiro martes aos concellos da ‘Rede Ágora’ para “facer contas” dos metros cadrados de espazo público gañados para as persoas nos seus tres primeiros anos de vida. Será nun acto no que tamén se presentará o libro que reúne os relatorios de todas as figuras internacionais que participaron na Facultade Ágora e no que tamén se entregarán ‘Distincións Ágora’ aos municipios polo traballo realizado.
Quince potentes referentes femininas como Inés Alberdi, Marina Subirats, Teresa Peramato, Beatriz Gimeno ou Nuria Varela e Ana Pardo de Vera entre outras, e nove horas de debate sobre “como as mulleres están exercendo o poder en distintos ámbitos de liderado”. Este é o ambicioso programa do III Encontro Nacional de Políticas Públicas organizado pola Escola de Igualdade María Vinyals da Deputación e coordinado como cada ano pola doutora e referente feminista Rosa Cobo. A cita será de novo no Castelo de Soutomaior os días 29 e 30,mércores e xoves da próxima semana.
O Revitaliza ten en marcha unha campaña de seguimento dos composteiros individuais (COIN) na provincia que chegará a máis de 5.300 familias. Persoal da empresa SM, encargada dos traballos, comprobará –de maneira paralela á actividade das mestras e mestres compostadores municipais- que o proceso de compostar se realiza correctamente en todos os recipientes entregados e controlados pola plataforma Revitaliza, unha aplicación informática que garante a trazabilidade e seguridade de todo o modelo de compostaxe provincial.
Como “mulleres únicas e extraordinarias”. Así definiu Carmela Silva ás deportistas dos clubs de elite feminino da provincia que compiten na máis alta categoría de balonmán, ciclismo e fútbol sala e que neste 2023 recibirán preto de 200.000 € da Deputación de Pontevedra. Son o Atlético Guardés, o Balonmán Porriño, o Poio Pescamar, o Marín Futsal e o Club Ciclista Farto.
A Deputación de Pontevedra vén de mobilizar preto de 3,8 millóns para 25 concellos da provincia: 2,5 millóns do Plan Concellos e 1,3 millóns procedentes de fondos europeos para seguir impulsando a transformación dixital do turismo a través do programa “Tourist Inside II” e para a eficiencia enerxética dos servizos de abastecemento de augas residuais.
A Deputación de Pontevedra ten xa aberto o prazo para que os concellos da provincia soliciten axudas para retirar simboloxía franquista nos seus territorios municipais. A contía global das achegas, que forman parte das Subvencións para a Rehabilitación e Sinalización do Patrimonio Histórico Cultural e chegan este ano á súa terceira edición, é de 100.000 euros.
A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta cinco novas accións formativas para esta semana, enmarcadas na súa carteira de obradoiros online e presenciais. As accións tratarán temas como o uso da VPN, liderado feminino no sector turístico, campañas con Google Adwords, eventos en liña ou técnicas de márketing.
O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a resolución do 2 de marzo de 2023 pola que se recoñecen as persoas deportistas de alto nivel, alto rendemento e rendemento deportivo de base de Galicia e diferentes colectivos deportivos, así como as solicitudes desestimadas e a causa.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.