A Deputación de Pontevedra vén de ofrecerse aos concellos da provincia para asesorar como recuperar espazos públicos de maneira urxente e efémera co fin de dar garantías de distanciamento físico á cidadanía nestes momentos da crise da COVID-19. O deputado de Mobilidade Uxío Benítez lembra que o seu departamento defende a necesidade de recuperar o espazo público de maneira estable e a longo prazo, mais subliña que a día de hoxe son necesarias algunhas actuacións inmediatas para que as persoas dispoñan de máis amplitude nos lugares e vías polas que transitan.
O deputado Carlos Font lamentou hoxe que o delegado da Xunta de Galicia en Pontevedra, Cores Tourís, “minta sen pudor de ningún tipo cando acusa falsamente á Deputación de Pontevedra de ameazar con deixar de desinfectar os centros de saúde”. “Tourís minte, e faino con todo descaro, porque a Deputación está cumprindo a orde da Xunta de desinfectar os PAC dos concellos co persoal do Consorcio Anti Incendios.
A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, COGAMI, amosou hoxe a súa preocupación pola forma en que se vai recuperar a economía tralo COVID-19 e como lle vai a afectar ás persoas con discapacidade. Se na pasada crise, lembra a Asociación, "aumentou nun 25 % a taxa de desemprego nas persoas con discapacidade, témese que estes datos negativos volvan repercutir novamente nun colectivo xa de por si castigado polas baixas taxas de emprego que acada".
A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro da Deputación de Pontevedra, ven de lanzar un novo aviso fitosanitario no que advirte que a climatoloxía deste mes está sendo moi favorable para o desenvolvemento do mildio e pode desencadear contaminacións nas viñas de xeito continuado, feito ao que se une a limitación para facer os tratamentos nos momentos previstos debido ás precipitacións, vento ou outros factores.
Na primeira reunión telemática cos alcaldes e alcaldesas da provincia dos concellos de menos de 20.000 habitantes, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, ofreceu “un gran pacto na provincia coas administracións competentes para poder das resposta ás fases da desescalada, sumando sinerxías, a fin de que as entidades locais fagan o que mellor saber facer: atender a súas veciñanzas”.
O Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial do Río Miño, dirixido polo deputado de Cooperación Transfronteiriza, Uxío Benítez, reuniuse hoxe cos dirixentes do territorio miñoto para analizar conxuntamente o impacto socioeconómico que a pandemia do Covid-19 está a ter nesta rexión.
Como unha das principais accións a desenvolver pola Zona Franca dentro do Proxecto Sherpa do Mar, no día de onte o Delegado asinou o contrato coa empresa Ilunion Tecnoloxía e Accesibilidade S.A, do grupo ONCE, para o desenvolvemento dunha plataforma Web, denominada i-Sherpa, que dará apoio ao proxecto europeo para a mellora tecnolóxica do sector mariño-marítimo da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
Un total de 66 entidades sociais da provincia, que prestan un servizo imprescindible de apoio ás persoas e colectivos máis vulnerables, están a recibir estes días o pago das subvencións aprobadas pola Deputación de Pontevedra para o desenvolvemento de proxectos singulares e proxectos de intervención social. A medida supón unha inxección directa de liquidez de 470.000 euros nun momento no que os recursos para a atención das persoas en risco de exclusión social son máis necesarios que nunca.
A Deputación de Pontevedra segue a dar pasos na loita contra a pandemia da COVID-19 na provincia. Neste caso, a partir de hoxe mesmo o Consorcio provincial de Pontevedra para a prestación do servizo contra incendios e salvamento incorpórase ás tarefas de desinfección nos concellos da provincia de máis de 5.000 habitantes.
Ante
a situación derivada polo COVID-19, a Deputación de Pontevedra, a
través de SmartPeme, o seu programa de asesoramento tecnolóxico,
oferta esta semana sete novas accións formativas...
Se o pasado ano o primeiro concurso de debuxo infantil 'Descubre a túa provincia' permitiu que as nenas e nenos amosaran a través das súas obras lugares emblemáticos da nosa contorna e a súa riqueza turística, a Deputación de Pontevedra propón desde este luns ás crianzas un novo reto artístico nestes días de confinamento para que pinten o que ven dende as súas ventás ou os lugares aos que lles gustaría ir cando remate a pandemia.
A Deputación de Pontevedra apurou ao máximo os prazos para que os concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes dispoñan xa nas súas contas correntes dos 2.370.564 euros que fan posible que preto de 1.200 persoas maiores que viven soas e sen apoio familiar dispoñan do Servizo de Axuda Familiar (SAF) nunhas condicións de idoneidade. A día de hoxe , con máis de 6 meses de adianto sobre o calendario habitual, están feitas as transferencias aos 52 concellos nos que a institución financia o servizo.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.