Sábado, 5 Xullo de 2025

Val Miñor

A Deputación leva aos concellos do Baixo Miño, Condado Paradanta, Val Miñor e Redondela o espectáculo ‘De Valdeorras a México. Terra A Nosa’

As actividades das Letras Galegas organizadas dende os servizos de Lingua e Memoria da Deputación de Pontevedra chegarán a 35 concellos de todas as comarcas da provincia para dar a coñecer a vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán grazas ao espectáculo ‘De Valdeorras a México. Terra A Nosa’.

O alcalde de Nigrán despede ao ‘Acro Club Nigrán’ antes de participar na ‘Maia International Acro Cup’

O alcalde de Nigrán, Juan González, despedíu onte na Casa do Concello ao 'Acro Club Nigrán' antes de partir cara a Portugal para participar na 'Maia International Acro Cup', a competición máis importante do mundo de ximnasia acrobática

#haztevoluntario do Banco de Alimentos e participa no Maio Solidario de Gadis en Mos, Nigrán e Tui, os vindeiros 27 e 28 de maio

A Fundación Provincial Banco de Alimentos necesita voluntarios para poder desenvolver con éxito o #mayosolidario en supermercados Gadis de toda a provincia, incluído o situado en Sanguiñeda (Mos).

Lucenza-Ateneo de Nigrán organiza este venres unha conferencia de Xesús Alonso Montero sobre Florencio Delgado Gurriarán

Lucenza - Ateneo de Nigrán organiza este venres 13 de maio, ás 20.00 horas, no Auditorio municipal, unha conferencia do profesor Xesús Alonso Montero, que leva por título “Florencio Delgado Gurriarán: republicano, galeguista, exiliado”.

Gondomar pon en marcha distintas actividades para conmemorar o Dia das Letras Galegas

O Concello de Gondomar pon en marcha un programa de actividades denominado “Gondomar en Galego” que abarca a literatura, a música, o teatro e incluso o deporte.

Concello de Nigrán, Asociación Galega de Lupus e Comunidade de Montes de Chandebrito ‘I Foliada Solidaria AGAL’

Asociación Galega de Lupus (AGAL), Concello de Nigrán e Comunidade de Montes de Chandebrito unen forzas este sábado 14 de maio para organizar a 'I Foliada Solidaria AGAL' como eixo central dos actos en Galicia polo día mundial desta enfermidade o 10 de maio e como parte da programación do Concello polas Letras Galegas.

A Xunta avoga en Baiona pola coeducación desde as primeiras etapas da ensinanza

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella avogou hoxe en Baiona pola coeducación desde idades temperás como o camiño para acadar unha Galicia máis igualitaria, máis xusta e máis diversa.

Nigrán acolle este sábado un concerto de clarinete e piano

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 14 de Maio ás 20:00 horas no Auditorio Municipal o concerto de clarinete e piano a cargo respectivamente de Jorge Manuel Aldao López e Alicia González Permuy.

O Concello de Baiona acomete obras de arranxo no pavimento de pedra da zona vella

O departamento de Vías e Obras do Concello de Baiona está a acometer obras de arranxo no pavimento de pedra da zona vella.

O Concello de Nigrán convoca o seu ‘I Certame Infantil e Xuvenil de Relatos Curtos Carlos Casares’

O Concello de Nigrán vén de convocar o seu 'I Certame Infantil e Xuvenil de Relatos Curtos Carlos Casares' dirixido a todos os centros públicos e concertados do municipio (Primaria, Secundaria e Bacharelato) ou de Educación Especial.

O Concello de Nigrán arranca este sábado a súa programación especial do Mes das Letras Galegas

O Concello de Nigrán arranca este sábado 7 de maio ás 21:00 horas na Alameda de A Ramallosa a súa programación especial polo ‘Mes das Letras Galegas’ co concerto estrea da nova xira de ‘A Banda da Loba’.

Baiona abre o prazo para participar na “Escola de Verán 2022”

A Concellería de Igualdade do Concello de Baiona abre o prazo para solicitar praza para participar na Escola de Verán 2022.