Sábado, 3 Maio de 2025

Val Miñor

Nigrán presumirá en Fitur do legado de Antonio Palacios no municipio coa estrea dunha guía ao respecto

O Concello de Nigrán brillará especialmente en Fitur coa estrea dunha guía sobre o legado de Antonio Palacios no municipio, inaugurando así os actos polo 150 aniversario do nacemento do célebre arquitecto porriñés, fito que se cumple este mes. O folleto, deseñado para poder levar cómodamente no peto mentras se fai o roteiro, súmase ao libro editado en Outubro de 2023 polo Concello a través de Engaiolarte Editorial e escrito polo arquitecto Álvaro Bonet.

Os alcaldes do Val Miñor reúnense coa Fundación Española do Corazón e a Asociación de Cardiópatas Galicia Sur

Os alcaldes de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña; Nigrán, Juán González Pérez, e Gondomar, Francisco Ferreira González, reuníronse no Concello de Baiona co doutor Andrés Íñiguez, presidente da FEC, e doutora Bravo, representantes da Fundación Española do Corazón e da área sanitaria de Vigo; e con representantes da asociación de cardiópatas Galicia Sur.

A Concellería de Igualdade de Baiona clausura con gran éxito o programa «Con Voz Propia»

O Multiusos de Sabarís acolleu o acto de clausura do programa 'Con Voz Propia', unha actividade posta en marcha pola Concellería de Igualdade do Concello de Baiona, a través do Centro Municipal de Información á Muller. Unha intervención psicopedagóxica no que a práctica vocal (coral e solista) utilízase para incrementar o empoderamento das mulleres na que participaron veciñas do municipio.

Concello de Nigrán e Centro de Saúde Val Miñor ofrecen unha charla sobre ‘Alimentación saudable e planificación de menús’

O Concello de Nigrán colabora coa iniciativa do Centro de Saúde Val Miñor para ofrecer mañá martes 16 de Xaneiro a charla 'Alimentación saudable e planificación de menús' ás 17:30 horas no Auditorio Municipal e a cargo da dietista-nutricionista Marta Losada.

O PSOE reclámalle a Rueda o cese fulminante do vogal do PP en Morgadáns, Gondomar, condenado por agresión

O Partido Popular ten un problema de violencia no mundo local. Así o afirma o secretario xeral do PSdeG-PSOE da provincia de Pontevedra, David Regades, despois de coñecer a sentencia pola que se condena ao representante do PP na Entidade Local Menor de Morgadáns por agredir a un funcionario do Concello de Gondomar durante a precampaña das últimas Eleccións Xerais.

O Concello de Nigrán edita un novo almanaque cunha ducia de mulleres do municipio como protagonistas

O Concello de Nigrán ven de editar 1000 almanaques de mesa cunha ducia de mulleres do municipio como as grandes protagonistas de cada mes no 2024. O obxectivo desta iniciativa que naceu xa no ano 2023 con moito éxito, é visibilizar entre toda a veciñanza o papel da muller no desenvolvemento económico, cultural e social da localidade e contribuír desde a administración local a rachar coa fenda de xénero e os seus estereotipos.

Nigrán retirou no 2023 a cifra récord de 278 niños de vespa velutina

O Concello de Nigrán, a través do seu edil de Sanidade e o voluntario de Camos Suso Barros, retirou neste ano a cifra record de 278 niños de avispa velutina dentro do municipio. O departamento que xestiona Alfonso Vázquez leva desactivado desde o ano 2018 preto de mil colmeas (270 en 2018; 183 en 2019; 175 en 2020 e 250 en 2022)

Nigrán ofrecerá unha gran cabalgata de Reis o día 5

O Concello de Nigrán ofrecerá a cabalgata de Reis tradicional con estará dende as 15,30 ás 16,30 horas na Praza do Concello recibindo aos máis cativos e a continuación recorrerá o centro de Nigrán ata A Ramallosa para rematar en Panxón.

Nigrán abrirá unha nova edición dos cursos de envellecemento activo en xaneiro

O Concello de Nigrán pechou os cursos de envellecemento activo correspondentes ao ano 2023 e nos que participaron a cifra record de 170 persoas maiores de 65 anos. Estes impartíronse no Centro da Terceira Idade de A Ramallosa e por vez primeira no Local Social de Vilameán.

Baiona reforma o campo de fútbol do Aral

O Concello de Baiona reformará integramente o Campo de Fútbol Municipal do Aral cun investimento de 319,657,80 euros que permitirá renovar as instalacións.

Nigrán substitúe o abastecemento dun camiño en Panxón

O Concello de Nigrán remata esta semana as obras para a renovación da rede de abastecemento do camiño dos Lagos que realizara Aqualia en colaboración con el Concello polo que foi preciso o corte de dita estrada de Panxón.

Belén artesal en movemento no acha do Concello de Baiona

A entrada do Concello de Baiona, situado en plena Zona vella da vila, ten instalado un tradicional belén artesanal en movemento, obra do veciño coñecido como Kike Chamorro.