Venres, 20 Xuño de 2025

Val Miñor

A Deputación subvenciona proxectos en galego de entidades sen ánimo de lucro

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar en Xunta de Goberno as subvencións do departamento de Patrimonio Documental e Bibliográfico para editar -en formato papel, audiovisual, mixto e ou especial- traballos en galego sobre diversos temas relacionados coa provincia de Pontevedra.

Un convenio entre o MRCYB e a Xunta fai posible a Escola de Vela adaptada

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, vén de asinar co presidente do Monte Real Club de Iates de Baiona (MRCYB), José Luis Álvarez, o contrato de patrocinio polo que a Xunta achega á entidade un total de 8.000 euros para a realización da Escola de Vela adaptada para persoas con discapacidade física e psíquica.

Iniciadas as obras de rehabilitación do muíño de Porto do Molle

O Concello de Nigrán iniciou esta semana as obras para rehabilitar integralmente o muíño de Porto do Molle cun investimento total de 238.370 €. Os traballos foron finalmente adxudicados á empresa redondelana Impervelper, tendo un prazo de 5 meses para execultalo.

Baiona mostra o seu apoio a Adrián Martíns na súa travesía por España

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, despediu ao aventureiro e primeiro criador de Galicia de pura raza galega de cabalos Garranos, Adrián Martíns, que comezou a súa expedición "Travesía a España para dar visibilidade aos cabalos salvaxes da Serra da Groba e as enfermidades reumatoides", partindo desde Baiona.

Nigrán pavimentará os camiños municipais con Plan Concellos

A Xunta de Goberno da Deputación vén de aprobar unha achega da Liña 1 do Plan Concellos por preto de 600.000 € (592.292 €) para Nigrán, que irá destinada á pavimentación de camiños municipais.

Carlos Gómez comprométese a ampliar a escola infantil O Areal con fondos propios “se a Xunta non cumpre con Baiona”

O candidato socialista á reelección como alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, comprométese “a realizar con fondos municipais no próximo mandato a ampliación da Escola Infantil O Areal se a Xunta non cumpre con Baiona”. “As competencias para facer esta obra son da Xunta, pero levamos anos esperando por un investimento de 250.000 euros para a amplicación da escola infantil.

Carlos Gómez avanza xestións para que a Casa da Navegación de Baiona forme parte da rede de museos estatais

Carlos Gómez Prado, candidato socialista á reelección como alcalde de Baiona, avanza que “no próximo mandato queremos que a Casa da Navegación de Baiona forme parte de Rede de Museos Estatais, xa iniciamos as xestións tras as reformas levadas a cabo neste mandato”.

Entrada de balde na Casa da Navegación de Baiona con motivo do Día dos Museos

A Casa de Navegación de Baiona celebra este xoves, 18 de maio, o Día Internacional dos Museos. A casa celebra este día con entrada de balde para todos os seus visitantes. Pola mañá están organizadas varias visitas guiadas.

Aberto o prazo de solicitude para facer fogueiras en San Xoán en Nigrán

O Concello de Nigrán abre o prazo ata o 13 de xuño inclusive para solicitar autorización para facer unha fogueira en San Xoan. As persoas físicas ou xurídicas deben dirixirse ao Rexistro Xeral do Concello ou Sede Electrónica, onde farán constar na solicitude o lugar elixido para facela (da súa titularidade), así como nome e datos dos responsables da mesma.

Baiona únese ao compromiso Net-Zero

O Concello do Baiona pon en marcha o proxecto Baiona Net-Zero, unha iniciativa necesaria que reforza o compromiso da administración local coa sustentabilidade e a economía circular.

Homenaxe en Camos aos irmáns San Román

O Concello de Nigrán continúa a preservar a súa memoria honrando aos grandes mecenas da parroquia de Camos e de todo Nigrán: os irmáns Francisco e Severino San Román, emigrantes ilustres en Uruguay e practicamente descoñecidos na súa terra natal.

Baiona organiza actuacións con motivo do Día das Letras Galegas

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Cultura, organiza varias actuacións para celebrar o Día dás Letras Galegas, que é o martes 17 de maio, cando a praza do Concello acollerá ás 20:00 horas a actuación de Xisco Feijoo.