Xoves, 15 Maio de 2025

Val Miñor

Visita da concelleira de Deportes de Baiona aos distintos campus que se ofrecen na vila

A concelleira de Deportes, Ana María Iglesias Rodríguez, realizou distintas visitas aos campus que se están a celebrar durante esta semana nas instalacións do Pavillón Municipal de Deportes.

Unha decena de ‘barcos tolos’ inundarán o domingo a Foz no Miñor no “Flota como Poidas”

O Concello de Nigrán prepárase para festexar este domingo, 6 de agosto, o seu evento máis surrealista e hilarante do verán: a concentración de artefactos flotantes 'Flota como Poidas'.

16 parellas estrearán as gamelas tradicionais restauradas de Baiona na Regata de 2023

A tradicional Regata de Gamelas que servirá de pistoletazo de saída este venres ás 17:00 h para as Festas da Anunciada que se celebrarán a primeira fin de semana de agosto en Baiona, concretamente o 4,5,6 e 7 de agosto.

As festas patronais da Anunciada de Baiona contarán cunha “caravana morada”

A Concellería de Igualdade do Concello de Baiona informa de que a "caravana morada" estárá instalada no Paseo Ribeira o venres 4 de agosto e o sábado 5 de agosto. Terá un horario de apertura dende ás 20:00 ás 04:00 horas para dar servizo nas festas patronais da Anunciada.

Aumenta o servizo de buses Vigo-Baiona, Vigo-Gondomar e o servizo diario do Porriño, Tui e Ponteareas cara a Praia América

A Xunta incrementa en agosto máis de 200 frecuencias de autobús á semana na liña Vigo-Baiona e Vigo-Gondomar, e nos servizos diarios do Porriño, Ponteareas e Tui cara a Praia América, en Nigrán.

O venres pecha o prazo de inscrición para o “Flota Como Poidas” de Nigrán

O Concello de Nigrán pecha este venres 4 de agosto ás 12:00 horas o prazo de inscrición para participar na xa tradicional concentración de "artefactos flotantes" chamada "Flota Como Poidas", que terá lugar o domingo 6 de agosto ás 17:30 horas desde a ponte de Ramallosa, no Río Miñor.

O luns continúa no mercado de Sabarís o ciclo de conferencias “O Falar das Pedras”

Continúa o IV Ciclo de Conferencias "O Falar das Pedras” que se impartirán todos os luns lectivos de xullo e agosto no Multiusos Mercado de Sabarís ás 20:30 horas.

Máis de 500 persoas participan esta semana no programa “En Ruta coa Depo”

A Deputación de Pontevedra organiza esta semana 10 saídas no marco do programa provincial “En Ruta coa Depo”, unha iniciativa que ofrece aos colectivos sociais da provincia a posibilidade de pasar un día de convivencia, ocio e tempo libre en lugares emblemáticos do territorio provincial.

O Concello de Nigrán organiza un simulacro en materia de prevención de incendios

O Concello de Nigrán mantén durante este verán á disposición do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) e de Protección Civil a súa brigada municipal de prevención de incendios, a única propia de toda a comarca.

Nigrán comeza a programación de agosto co ‘Parrulas Fest’

O Concello de Nigrán ofrece no esteiro de A Foz da Ramallosa desde o mércores 2 ao sábado 5 de agosto a cuarta edición do Parrulas Fest, festival gratuíto producido desde a cooperativa Charlatana e dirixido a público infantil e familiar.

117 nenos participaron na Escola de Verán do Concello de Baiona

A Escola de Verán 2023 de Baiona chega o seu fin con gran éxito de participación. Un total de 117 nenos participaron nesta iniciativa da Concellería de Igualdade do Concello de Baiona a través do Centro Municipal de Información á Muller.

Nigrán estrea a programación do agosto “máis familiar” cunha nova edición do «Parrulas Fest»

"O 'Parrulas' é xa unha parte imprescindible na programación de verán do Concello de Nigrán, cada ano reúne a centos de familias moi fieles ao festival e de visitantes que veñen a desfrutar nunha contorna marabillosa de espectáculos de altísima calidade e sempre moi divertidos", destaca o alcalde, Juan González.