Mércores, 14 Maio de 2025

Val Miñor

Baiona programa un ciclo de curtametraxes online contra a violencia machista

A Concellería de Igualdade do Concello de Baiona, a través do Centro de Información á Muller, en colaboración con CortoEspaña, organiza un ciclo online de cortometraxes contra a violencia de xénero. Trátase de seis traballos, premiados nacional e internacionalmente, que abordan, desde diferentes perspectivas, a violencia de xénero e as súas maneiras de combatela.

Gondomar clausura ou obradoiro ‘Crea e Coida Miñor’ cun 50 % dos seus participantes con contrato laboral

Gondomar clausurón oficialmente onte as actividades do Obradoiro de Emprego 'Crea e Coida Miñor' que se desenvolvía dende novembro de 2019, e cuxo remate retrasouse como consecuencia da alerta sanitaria decretada no país en marzo. Na mañá de onte os 20 alumnos e alumnas recollían os seus diplomas e poñían punto e final a un curso que, o seu director José Abraira Arias, cualificou “como exemplar tanto pola entrega como polo interese demostrado en aprender”.

Os concellos de Baiona e Tui, entre as novas asignacións do Plan Concellos da Deputación

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar novos recursos por un importe de máis de 1 millón de euros (1.004.268,55), ao abeiro do Plan Concellos, para financiar equipamentos e contratación de persoal en Baiona, Pontecesures, Tui e Lalín. En concreto, a Deputación destina a Baiona 186.184,55 euros para a mellora da rede de saneamento na zona de Percibilleira. Esta actuación comprende a substitución das redes na rúa Fontiñas e na rúa Percibilleira, nos tramos que na actualidade son de formigón. Amais, tamén se repoñerá a rede de abastecemento naqueles tramos que sexa necesario debido á execución de novas canalizacións e tamén se fará unha reposición do firme que se atopa en mal estado. En total, actuarase nunha superficie total de case 2.900 metros cadrados. No caso de Pontecesures, recibirá unha achega de 91.058,72 euros para a mellora do andar do semisoto do edificio do concello para locais de uso administrativo (acondicionamento da zona de usos administrativos do Edificio do Concello). A intervención ten por obxecto acondicionar unha zona de aulas existente para mellorar as súas condicións. Deste xeito, executaranse tres despachos individuais con luz natural, adaptarase o aseo, executaranse dúas salas separadas por un tabique móbil, tamén o trasdosado no interior da fachada, e instalarase climatización, electricidade e saneamento. En canto a Tui, a Deputación destina 130.148 € para financiar as melloras na pavimentación, canalización de pluviais e muro de contención do viario entre A Devesa e San Antoniño, en Malvas (Fase I). A finalidade é facilitar o acceso á veciñanza, xa que na actualidade a capa de rodadura atópase en estado irregular, con baches e fisuras. Para darlle solución, executarase unha nova capa de rodadura, limparanse as cunetas e taludes, executarase unha canalización de drenaxe de pluviais, instalaranse pozos de rexistro e farase un muro de contención. Por último, o goberno provincial aprobou para Lalín tres achegas por un total de 596.876,86 euros. En concreto, 94.778,07 euros financiarán o abastecemento de Palmaz e Casares, para dotar de auga potable a estes núcleos así como unha actuación puntual en Bergazos. Doutra banda, 189.600 euros financiarán a pavimentación de viarios en Anzo, Meixome, Prado e nos camiños ao Depósito de Auga novo, Torguedo-Catasós, Vilamaior-Botos, Pena-Donsión, no entronque en Ansean, no camiño en Xar, no camiño en Carragoso, no acceso a Cáceme, no acceso a Rodis, no Val do Carrio-Igrexa, na pista de Rielo, na de Ois Grande, na de Vila Santiso, na de Brántega a Cruceiro, no acceso a Viñoa, na estrada en Muíños-Vilanova e en Meixomin, e na pista de Vales-Gresande. E, amais, enmarcado na liña 3 de emprego, Lalín recibe 312.498,79 euros cos que poderá financiar a contratación de 35 persoas traballadoras.

O comercio local de Gondomar acolle a exposición fotográfica ‘Defensoras Semillas de Cambio’

A exposición, que foi inaugurada polo alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, a deputada provincial Victoria Alonso, e a representante da Coordinadora Galega de ONGD, María Paz, quere facer chegar aos cidadáns o traballo que desde o ano 2010 veñen realizando as integrantes da Iniciativa Mesoamericana de Mujeres Defensoras dos Dereitos Humanos, protexendo a miles de mulleres que sofren a diario a discriminación e a violencia polo simple feito de ser mulleres.

Gondomar vístese de morado na semana na que se conmemora o 25 N

Gondomar desenvolverá esta semana diversas accións, enmarcadas dentro da programación elaborada desde a Concellería de Iguadade con motivo da celebración do Día internacional contra a Violencia de Xénero, que se celebra o próximo día 25 de novembro.

Nigrán somete a información pública o Plan Especial de Portocelo para adaptar o edificio da Comunidade de Montes de Monteferro

O Concello de Nigrán exporá ao público desde hoxe e por un periodo de dous meses o 'Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións de Portocelo' para a formulación de alegacións. O proxecto elaborado pola Comunidade de Montes de Monteferro e aprobado o 9 de novembro polo goberno local permitirá a reforma do inacabado edificio desta entidade para integralo na paisaxe e adaptado á legalidade, dando marcha atrás a un dos maiores expoñentes do 'feísmo' no municipio.

Os 44 balóns do CB Nigrán para as 44 asasinadas pola violencia machista, tristemente… demasiados balóns

O CB Nigrán, dende hai tempo, visibiliza con balóns a barbarie da violencia machista. Un balón por cada muller asasinada, un balón por cada neno ou nena orfa, un balón por cada muller que quixo fuxir dun inferno e non o conseguiu. Os 44 balóns do CB Nigrán son 44 testemuñas do horror e 44 xeitos de sacanos as cores a unha sociedade que, as veces toma o camiño máis fácil: mirar para outro lado ou cambiar de canal.

Gondomar solicita á Xunta a adecuación dos seus caminos á lei de incendios

O Concello de Gondomar presentou ante a Xunta de Galicia unha solicitude para adecuar caminos e pistas municipais á lei de prevención e defensa contra os incendios forestais e garantir a súa limpeza atendendo as medidas de seguridade establecidas para previr a propagación dos lumes.

Comercio abre o prazo para renovar as licenzas do mercado ambulante de Gondomar

O Concello de Godomar, a través da súa Concellería de Comercio, abriu o prazo de renovación das licenzas para os postos no mercado ambulante que se celebra no concello todos os martes. Os interesados terán ata o próximo 7 de decembro para presentar a solicitude de renovación e abonar as taxas correspondentes.

As mulleres e a forma de entender o feminismo, cita teatral en Gondomar este sábado

O Auditorio Municipal Lois Tobío acolle o sábado 21, a partir das 20.00 horas, unha nova sesión de teatro, nesta ocasión a cargo da creación colectiva de Esther F. Carrodeguas, Noelia Blanco, Stefphy LLaryora: a obra “Feminíssimas”, dirixida por Xavier Castiñeira.

O Concello de Nigrán investiga o roubo das cordas empregadas para o novo peche perimetral das dunas de Praia América-Panxón

O Concello de Nigrán investiga a través da Policía Local o roubo das cordas mariñeiras que se estaban a poñer actualmente no peche perimetral das dunas de Praia América-Panxón en substitución dos vellos arames galvanizados.

Baiona pon en marcha a campaña ‘En negro contra as violencias’

O Concello de Baiona súmase, por segundo ano consecutivo, ao protocolo de colaboración para a organización conxunta da campaña de sensibilización "En Negro contra as violencias", no marco do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o próximo 25 de novembro, coa que se pretende tinguir de negro as vilas e cidades galegas.