Luns, 7 Xullo de 2025

Val Miñor

Baiona iniciará a rehabilitación do paseo marítimo da Foz na primavera

O Concello de Baiona vén de dar conta da aprobación do proxecto de rehabilitación do paseo marítimo da Foz e que se produce logo das xestiós realizada polo rexedor baionés, Carlos Gómez, durante a reunión mantida en xullo do 2020 co ministro José Luis Ábalos. Daquela Ábalos comprometíase a sacar adiante este proxecto, feito que o alcalde de Baliona agradece "xa que en menos dun ano cumpriu coa súa palabra e cumpriu o seu compromiso connosco”.

O Concello de Nigrán humanizará por completo a rúa Gaivota de Panxón, cun investimento de 232.000€

O Concello de Nigrán humanizará por completo a rúa Gaivota que discurre polo centro de Panxón para crear un espazo de mobilidade amable acorde cos principios da rede 'Ágora' de Deputación de Pontevedra que, precisamente, subvenciona a execución deste tipo de obras.

Volve a competición de surf esta fin de semana á praia de Patos

Despois dun 2020 case sen competicións por mor da pandemia, esta fin de semana arrinca o Circuito Galego Junior de surf e bodyboard na Praia de Patos (Nigrán). O bo parte de ondas permitiu dar luz verde a esta primeira proba do ano que reunirá durante o sábado 13 e domingo 14 a novos surfeiros galegos na Praia de Patos.

O Concello de Nigrán únese á campaña para propor a Javier Pitillas como candidato ao Premio ‘Princesa de Asturias da Concordia’ pola súa labor...

O Concello de Nigrán enviou hoxe unha carta oficial á Vicepresencia da Xunta co obxectivo de adherirse á campaña da Xunta para impulsar a candidatura de Francisco Javier Pitillas Torra, responsable da iniciativa Discamino, ao Premio Princesa de Asturias da Concordia 2021 pola súa labor solidaria que posibilita que persoas con diferentes tipos de discapacidade poidan realizar o Camiño de Santiago.

O Concello de Nigrán estrea o seu primeiro vehículo lava-beirarrúas e dota de máis contedores aos establecementos do peirao de Panxón

O Concello de Nigrán, a través da concesionaria de limpeza Cespa-Ferrovial, ven de incorporar o seu primeiro vehículo lava-beirarrúas co obxectivo de mellorar a calidade do servizo prestado no municipio.

Gondomar dota aos apicultores de trampas para combater a avespa velutina

As trampas servirán para atraer ata elas ás raíñas, coincidido cos meses nos que constrúen os niños primarios nos que manteñen ata a 50 novos exemplares, que posteriormente construirán os niños secundarios moito máis grandes e en máis cantidade.

O Concello de Nigrán retoma o reparto de 400 trampas para avespas velutinas ao rematar a súa hibernación

O Concello de Nigrán ven de investir 1.600 € na compra de 400 trampas para avespas velutinas co obxectivo de distribuílas entre a veciñanza agora que as raíñas finalizan a hibernación e comezan a construír niños.

O Concello de Nigrán destinará medio millón de euros do remanente a paliar os efectos socioeconómicos da Covid no municipio

O goberno de Nigrán proporá no vindeiro pleno ordinario do 29 de marzo destinar medio millón de euros do seu remanente de Tesourería a paliar os efectos socioeconómicos da Covid-19 no municipio.

Preto de 200 veciñas de Gondomar protagonizan o vídeo conmemorativo do 8M

Baixo ou lema “Xuntas somos máis fortes” o Concello de Gondomar, a través da súa Concellería de Igualdade, conmemora a celebración do 8M cun vídeo editado para a ocasión, no que máis de 200 veciñas e traballadoras do municipio prestan a súa imaxe para reivindicar a consecución da igualdade real entre homes e mulleres na nosa sociedade.

Baiona solicita a Gestagua a revisión do afundimento do firme da rúa Percibilleira

O Concello de Baiona solicitou á empresa concesionaria do servizo da auga, Gestagua, a revisión do afundimento do firme na rúa Percibilleira, en Baiona. As actuacións realizaranse esta semana , entre mañá martes día 9 e o mércores 10, e requirirán a interrupción do tráfico durante a duración dos traballos.

Nigrán conmemora o 8M coa reestrea o luns, no Centro Comercial A Ramallosa, da exposición fotográfica ‘Mulleres de Nigrán-1970’

O Concello de Nigrán conmemora o 8-M, Día Internacional da Muller, coa re-estrea este luns ás 12:00 horas no Centro Comercial Ramallosa S.XXI da mostra fotográfica 'Mulleres de Nigrán -1970', unha exposición propia froito de recompilar entre a veciñanza durante case un ano centos de imaxes antigas e que o Centro de Información á Muller (CIM) quere recuperar ao estar no 2020 só unha semana aberta ao público por cuestións sanitarias.

A Concellería de Igualdade do Concello de Baiona presenta a segunda edición da ‘Primavera Lila’

O salón de actos do CPI Cova Terreña acolleu o acto de presentación da Primavera Lila, a programación deseñada pola Concellería de Igualdade do Concello de Baiona e a dirección do CIM con motivo do 8 M, Día Internacional da Muller.