O Concello de Nigrán iniciou hai tres semanas a través da empresa adxudicataria Construcciones Castro as obras para dotar ao CEIP Humberto Juanes dunha cociña industrial con capacidade para fornecer de menús a todos os centros públicos do municipio que actualmente empregan o sistema de catering da Xunta de Galicia.
O Concello de Nigrán, en colaboración co 'C.C.D. Bolos da Carrasca', ofrece este venres 6 de agosto ás 22:00 horas na Praza da Carrasca o concerto de Argonat Band.
O Concello de Nigrán ven de investir 25.000 € no formigonado e pulido do novo Torreiro de Santiago de Parada co obxectivo de optimizar esta superficie de 1.330 m2 habilitada ao carón do cemiterio municipal.
O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola Covid-19, vén de acordar, na súa xuntanza desta tarde, o nivel máximo de restricións para os concellos de Muros, Baiona, Burela, Foz, Viveiro, Monterroso, Meaño, O Grove e Sanxenxo.
O Concello de Nigrán, en colaboración co 'C.C.D. Bolos da Carrasca', ofrece este xoves 5 de agosto ás 20:00 horas na Praza da Carrasca a obra 'Días Felices' da compañía local 'Teatro do Ar'.
O Concello de Nigrán abre desde este martes 3 de agosto ata o luns 23 de agosto un novo prazo para solicitar axudas municipais en Educación Infantil para a adquisición de libros de texto ou material escolar no curso 2020/21 (extracto publicado no BOP de onte e penduradas na web municipal en 'Sede Electrónica').
O Concello de Nigrán arrancarou desde este luns, de xeito pioneiro, co programa ‘Achego’ da asociación de saúde mental Avelaíña, coa particularidade de incorporar de xeito pioneiro en Galicia a figura do “asesor persoal” para que aqueles veciños que viven sos manteñan a súa autonomía.
As concellerías de Xuventude e Deportes, dirixidas por Nuria Lameiro, anunciaron o cambio de data para a celebración deportiva familiar da proba Gladiator Kids, prevista para este sábado 07 de agosto, ao próximo 16 de outubro “confiando que entón a situación sanitaria do concello sexa moito mellor que a actual”.
Concello de Nigrán e a Sociedade Atlética Val Miñor, coa colaboración da Deputación de Pontevedra a través da Liña 2 do Plan Concellos, Federación Galega de Atletismo e Deporte Galego, retoman o sábado 7 de agosto a décima edición da 'Nigrán Area'.
O Concello de Nigrán ten aberto o prazo de inscrición para participar este mércores 4 de agosto no roteiro guiado polo 'Outeiro dos Mouros', na parroquia de Parada.
O Concello de Nigrán continúa este verán co seu lema ‘Nigrán, equilibrio natural’ para presentar unha programación sociocultural de agosto no que se manteñen os principais eventos de cada ano e se engaden novidades para todo tipo de públicos e gustos.
O campamento cubriu as súas cen prazas aos poucos días de abrirse os prazos de inscrición e desenvolveuse nas dúas quincenas do mes de xullo, con grupos diferenciados como “burbullas” e mantendo en todo momento as normas estipuladas pola normativa Covid-19 vixente no momento.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.